Actualidade

« Atrás

TurisTIC, o servizo de SmartPeme para o sector turístico

Data:  venres, 02 de marzo de 2018

O sector do turismo sufriu multitude de cambios nos últimos anos en materia tecnolóxica ou de carácter dixital co obxectivo de impulsar unha oferta turística adaptada aos actuais modelos de negocio, nunha contorna globalizada e en constante evolución, onde o consumidor cada vez está máis informado e é máis esixente.
 
TurisTIC xorde das necesidades que se lle presentan ao sector na provincia de Pontevedra en materia de novas tecnoloxías, ofrecendo unha carteira de servizos focalizada en tres grandes eixos: Capacitación Tecnolóxica, Asesoramento e Impulso de Novas iniciativas que achegarán a adaptación dos axentes da provincia á innovación turística e tecnolóxica co fin de alcanzar os seguintes obxectivos:
 
Mellorar o uso e adaptación dixital das empresas do sector.
 
Dotar ás empresas de ferramentas para mellorar a súa competitividade (máis turistas) e eficiencia (mellores resultados).
 
Axudar ás empresas a  hibridar a tecnoloxía existente dentro do seu sector, para lograr adaptarse aos novos modelos de negocio colaborativos e dixitais.
 
Impulsar o desenvolvemento de iniciativas empresariais de base tecnolóxica na provincia, tanto dentro do sector como provendo solucións ao mesmo.
 
Identificáronse as necesidades formativas no ámbito TIC máis importantes do sector para desenvolver unha carteira de talleres específica que impulse a capacitación tecnolóxica. As principais temáticas que se tratarán engloban temáticas tales como comunicación e márketing, xestión de redes sociais, servizos  on- line, xestión de datos, sistemas de traballo en rede e temas de innovación.
 
O asesoramento personalizado dirixido ao sector turístico da provincia prestarase a demanda dos usuarios desde calquera das oficinas de  SmartPeme: Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo.
 
Realizarase un primeiro diagnóstico das necesidades tecnolóxicas das empresas e a través de sesións individuais levará a cabo un seguimento e acompañamento na implantación de produtos e soluciones TIC específicas para o sector que permitan cubrir as necesidades detectadas.
 
O servizo xa está en funcionamento e este mes de marzo comeza con seis talleres específicos para o sector que se impartirán nas distintas oficinas. O día 5 ás 19 horas terá lugar a primeira sesión no Porriño, cun taller acerca de "A transformación dixital no mundo do  enoturismo". O xoves 8 de marzo impartirase o taller "O ámbito das novas tecnoloxías e as  RRSS no sector turístico" na oficina  SmartPeme de Ponteareas,  contextualizando a importancia das redes sociais no cambio que está a experimentar o sector.
 
"A comercialización do turismo rural: centrais de reservas e A dixitalización do sector turístico" impartirase en dúas sesións que se realizarán en Cambados os días 13 e 22 respectivamente.
 
A oficina de Vigo acollerá o día 14 unha charla sobre "Redes sociais aplicadas a empresas turísticas" e para finalizar o itinerario formativo deste mes, o día 21 en Pontevedra impartirase o curso "Márketing gastronómico, que é e como pode axudarche no teu negocio".
 

As empresarias e empresarios do sector interesados en solicitar asesoramento individualizado poden facelo chamando ao número de teléfono 886 20 20 20, a través do portal web www.smartpeme.depo.gal ou enviando un correo á dirección info.smartpeme@depo.es.

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento