Actualidade

« Atrás

Todo o que necesitas saber sobre os comentarios en Google

Data:  venres, 17 de setembro de 2021

 
Os chamados comentarios forman parte activa e decisoria das persoas usuarias do buscador de Google
 
Seguro que os "comentarios" son un punto de inflexión ante calquera viaxe, cea ou reserva nun establecemento de hostalería. Tamén poden ser a alternativa perfecta cando dubidamos entre varias opcións de servizos, establecementos ou lugares de interese. O de baixar a xanela do noso coche e preguntar ás persoas por indicacións ou recomendacións xa non soa deste século. 
 
 
O mundo dos comentarios afecta ás dúas partes: á parte consumidora e á parte do negocio. Os establecementos que se atopan en Google My Business esperan recibir boas opinións, pero de cando en cando a sinceridade de un cliente pode xerar máis dunha dor de cabeza. Pero ti como negocio, analizas algunha vez esas opinións e tratas de xestionar ou mellorar a calidade do teu servizo?
 
Os comentarios de Google son únicos. Inclúen un texto de valoración ao que á persoa interesada lle poderá engadir fotografías. Esta valoración acabará de ser completada cunha puntuación de estrelas, que indicarán o grao de satisfacción do negocio en Google.
 
Como eliminar un comentario desfavorable en Google
 
Por moi bonito que soe, esa opción non se atopa dispoñible para os negocios. Existen dúas opcións que son as recomendadas para poder acadar borrar un comentario:
 
- Marcando a opción "Marcar como inadecuado"
- Chegar a un acordo coa persoa que publicou a recensión para que a borre 
 
No primeiro caso, se optamos pola opción de inadecuado comezaremos un proceso para indicarlle a Google que ese comentario é falso ou non cumpre coas políticas de privacidade de Google.
 
O proceso a seguir sería o seguinte:
1. Accedes ao teu Google Maps e localizas o teu negocio
2. Atopa o comentario que queres marcar
3. Fai click nos puntos verticais e selecciona "Marcar como inadecuado"
 
Isto non é todo, terás que completar un informe explicando o caso, así como terás que indicar un correo electrónico para o seguimento do teu caso. O proceso rápido non é e tampouco existen garantías de que Google acceda a eliminación da valoración.
 
Como xestionar un comentario en Google desfavorable
 
- Podes recoñecer o erro ou malestar da persoa que publicou a valoración, facendo unha mostra de tratar de mellorar
 
- A empatía coa clientela é clave nestas situacións
 
- Se existe un problema grave con esa persoa, trata de solventalo o máis rápido posible. Desta maneira promoverás accións dirixidas á atención á clientela
 
- Ofrece algunha compensación ao cliente polo seu malestar, sempre e cando sexa coherente
 
- Responde as valoracións e agradece que a persoa comparta esa mala experiencia. O mellor é ser natural e explicar a situación de forma clara
 
 
Recorda que os comentarios inciden de maneira positiva no posicionamento da páxina coa que estea vinculada a páxina de Google My Business. Os bots de Google entenden que, cantas máis opinións favorables, máis tráfico xerarás cara a túa web polo que aumentará a relevancia do teu negocio. O posicionamento SEO local tamén vai facer que sexas o protagonista nas primeiras buscas da persoa usuaria o que potenciará máis tráfico cara a túa web.
 
Pide valoracións a túa clientela e non perdas a oportunidade de aumentar a confianza, vendas e o posicionamento do teu negocio con esta gran ferramenta.
 
Fátima Faílde 
Asesora TIC
 
 

Fonte:  SmartPeme