Actualidade

« Atrás

Tendencias SEO 2022 para conseguir os teus obxectivos a través de Google

Data:  xoves, 23 de decembro de 2021

Traballar o posicionamento SEO da nosa marca en 2022, non diferirá moito da mesma tarefa en 2021: será de vital importancia para garantir un bo rendemento e o éxito do noso negocio. Máis que unha necesidade é unha prioridade. O posicionamento SEO permítenos optimizar a visibilidade da nosa web en Google e outros buscadores, facilitando que a nosa clientela e audiencia potencial atopen os nosos produtos e servizos desde calquera lugar. Tendo en conta isto, e as pistas de Google, veremos algunhas tendencias para o novo ano co obxectivo de mellorar o noso posicionamento.
 
Incremento das procuras por voz.
 
Levamos anos convivindo con asistentes de voz (Siri,  Alexa, o asistente de Google…). Estas tecnoloxías melloran día a día, polo que as procuras por voz son un factor para ter moi en conta na nosa estratexia SEO. Aproximadamente un 55% dos fogares contarán cun altofalante intelixente ao que facer preguntas, e entre as súas mellores respostas debe estar o noso negocio. Conseguirémolo a través de palabras clave e frases cada vez máis longas, específicas e naturais. Os nosos contidos deben ser tan naturais como cando falamos. 
 
Accesibilidade.
 
Estímase que case un 73% das persoas usuarias accederán a Internet unicamente desde un dispositivo móbil en 2025. Con esta perspectiva, faise fundamental que a nosa presenza a través de móbiles sexa impecable. Esta tendencia está moi ligada á optimización das procuras por voz, xa que as nosas webs e  apps deben centrarse en incorporar características que non dependan de instrucións a través de teclado, como comandos por voz, realidade virtual, realidade aumentada, etc.
 
Contidos en vídeo.
 
Para validar a idea de incorporar vídeos na nosa estratexia SEO, debemos ter en conta que só Youtube conta con máis dun billón de persoas usuarias. Por iso é o tipo de contido máis consumido a nivel global. O contido en vídeo é de fácil consumo, moi aceptado polas persoas usuarias, e unha forma de conectar rapidamente coas persoas que forman o noso público obxectivo.
 
Uso de palabras clave semanticamente relacionadas.
 
Non só as palabras clave "tal cal" afectan o noso posicionamento en Google. Cada vez están a cobrar máis importancia palabras clave secundarias ou relacionadas a nivel semántico. Este tipo de procuras, así como a interpretación da intención de procura que fai Google serán fundamentais á hora de competir polas primeiras posicións nos resultados en buscadores. Non serán tan importantes as coincidencias exactas de palabra clave, senón o contexto do contido e a súa relevancia con respecto á procura realizada pola persoa usuaria.
 
O impacto da Intelixencia Artificial.
 
A Intelixencia Artificial está a cambiar a forma en que as persoas consumidoras interactuamos co contido en liña. Grazas aos algoritmos dos buscadores, cada vez máis intelixentes, estes poden mostrarnos os contidos que máis nos interesan e facilitan as procuras en liña. Para iso debemos dar sinais aos buscadores para que consideren o noso contido o mellor resultado, por exemplo unha taxa alta de clics e que as persoas usuarias pasen tempo na nosa web. Podemos conseguilo a través de contido de calidade, estruturado e de utilidade para o usuario.  
 
Recomendacións finais
 
Como resumo global a todas estas tendencias, Google deixa claro unha vez máis, que a calidade, presentación e relevancia do contido son claves para o posicionamento de calquera negocio no seu buscador.
Algunhas recomendacións: Primeiro, crea un perfil da túa clientela ideal, investigando cal é o contido que pode achegarlle valor. En segundo lugar, orienta as súas intencións de procura para coñecer cal é o seu proceso de compra ou cales son os pasos que segue antes de realizar unha conversión. Por último, crea contido que encaixe coa temática e formato que prefire consumir. 
 
Unha boa estratexia SEO é fundamental para a visibilidade en liña do teu negocio. Se queres que desde Smartpeme axudémosche de forma personalizada a mellorar o posicionamento da túa empresa en Google, ¡contacta con nos hoxe mesmo!
 
Esther  Garcinuño
 
Asesora TIC
 
 

Fonte:  SmartPeme