Actualidade

« Atrás

Tendencias Márketing Dixital para 2020

Data:  xoves, 31 de outubro de 2019

Nun mundo tan cambiante como no que vivimos, sobre todo se nos referimos ao ámbito da tecnoloxía, temos que permanecer alerta ás novidades que nos acompañarán nun futuro inminente. E é que o novo ano está ao virar a esquina, e con el, imos coñecendo as tendencias coas que conviviremos, e que debemos coñecer para a súa posible aplicación ao noso negocio. Non todas son novas, senón que algunhas se afianzan.
 
Que nos espera en 2020 en canto a Marketing Dixital
  • Estratexia omnicanal
A  omnicanalidade, en termos de márketing, consiste en ofrecer unha experiencia global da nosa marca cara ao noso público obxectivo, para poder transformalos en clientes. Isto implica, non só ser multicanle (ter presenza en varias canles á vez), senón ter en conta que unha interacción que se iniciou a través dunha canle (unha tenda en liña, por exemplo) poida continuarse noutra diferente (unha rede social) sen perder a súa calidade. Isto enlaza coa seguinte tendencia: a personalización. É dicir, debemos coñecer que os usuarios e as usuarias con quen inicio unha acción por unha vía son os e as mesmas que a continúan por outra vía.
 
  • Trato personalizado, e mesmo cara a cara
Debido a que os usuarios e as usuarias están sometidos a un gran número de impactos continuos, esixe que lle traten de ti a ti, de forma personalizada. Por iso faise tan importante a segmentación nas mensaxes comerciais e as estratexias de personalización á hora da comunicación coas nosas persoas usuarias. Por iso, a tendencia será facilitarlles canles de contacto como a mensaxería instantánea (Facebook Messenger ou Whatsapp coa súa versión Business) e os chatbots para xerar conversacións personalizadas en tempo real coas persoas usuarias.
 
  • Procuras por voz
Outra das tendencias que se afianzan é a das procuras por voz. Coa proliferación dos altofalantes intelixentes (Alexa e Google Home, por exemplo), faise necesario adaptar os nosos contidos á linguaxe natural e, por tanto, adaptar a nosa estratexia de posicionamento SEO a este tipo de procura. A clave será concentrarse en procuras semánticas, nas que quede clara a intención de procura, utilizando long tails, en lugar de palabras crave inconexas.
 
  • Contidos interactivos
Os usuarios e as usuarias, á parte de estar permanentemente conectados, queren involucrarse nos contidos que se lle ofrecen. Para iso, podemos mostrarlles os nosos contidos a través de vídeos interactivos, utilizar a realidade virtual ou coa multitude de posibilidades da realidade aumentada. Sen dúbida, utilizando este tipo de contidos, os usuarios e as usuarias percibirán a nosa comunicación como algo diferenciador con respecto á nosa competencia.
 
  • Compras a través de canles sociais
As redes sociais seguirán en auxe como un dos medios nos que os usuarios e as usuarias son máis propensos a descubrir novas marcas e produtos. Facilitándolles a posibilidade de finalizar a compra a través dalgunha publicación en redes sociais, aumentará o cociente de conversión a través deste medio.
 
  • Contido multimedia: Vídeos y Podcasts
Os usuarios e as usuarias seguen apostando por contidos de fácil consumo. Ao formato rei deste tipo de contido, o vídeo; únese, cada vez máis, o podcast. A razón? A posibilidade de consumilo mentres realizamos outras actividades, sen necesidade de atender á pantalla. 
 
Pero todo apunta a que o vídeo, seguirá sendo o formato preferido, sobre todo o vídeo en directo, que os usuarios e as usuarias poden consumir en Facebook, Instagram, Youtube… Se presentamos os nosos contidos en vídeo, asegurámonos un maior compromiso e fidelidade por parte do noso cliente.
 
Como vimos, sen dúbida 2020 en márketing será o ano no que definitivamente O CENTRO da nosa estratexia serán as persoas usuarias e clientela: atención personalizada, contidos personalizados e interactivos, sinxelos de consumir e pensados para ser localizados de maneira natural. 
 
"As empresas que entenden de redes sociais (e de márketing dixital en xeral) son as que din coa súa mensaxe: Véxoche, escóitoche e impórtasme" -  Trey  Pennington
 
Esther Garcinuño de Pablos
Asesora TIC

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento