Actualidade

« Atrás

Tendencias da publicidade dixital tras a era Covid

Data:  venres, 14 de agosto de 2020

Se hai algo positivo que podemos sacar desta pandemia, é a oportunidade de lanzar nosa propia tenda en liña ou ben potenciar as vendas no caso de xa tela creada. Os datos que nos deixa esta crise sanitaria no mundo do comercio electrónico son os seguintes:
  • Incremento dun 73,7% nas vendas globais.
  • Triplicouse o ritmo de crecemento de vendas en liña esperado antes da pandemia.
  • Segundo a Comisión Nacional de Mercados e Competenza (CNMC), xerouse unha facturación dun 30% máis respecto ao exercicio anterior.
  • Un 9,6% das persoas consumidoras ha probado por primeira vez a compra en liña durante o confinamento, perdendo o temor a este método.
Con todas estas cifras tan prometedoras está claro que a presenza en liña do noso negocio pasa a ser "obrigatoria", pero é certo que cada vez hai máis competencia no sector. Dita competencia obríganos a realizar un esforzo maior á hora de posicionarnos e diferenciarnos para destacar sobre o resto, e aquí a publicidade ten un papel moi importante dentro do noso plan de márketing dixital.
 
A captación e venda en liña, segundo as persoas expertas do sector, é unha das canles onde máis investimento débese facer tras a gran crise sanitaria, iso si, deixando un pouco de lado o feito anteriormente e baseándose en estratexias máis agresivas mediante anuncios display, promoción en redes sociais ou campañas SEM entre outras.
 
Hai moitas predicións sobre o novo futuro da publicidade tras o COVID, pero a gran maioría coinciden en que evolucionará para ser máis medible, tarxetizable e conectada a todos os dispositivos utilizados polas persoas usuarias. Plataformas de streaming como Netflix, HBO ou Amazon Prime levarán unha parte moi importante do orzamento destinado á publicidade, xa que son plataformas que polo tipo de contido que consome a persoa usuaria, pódese catalogar con facilidade os seus gustos e intereses e ser realmente efectiva. Isto quere dicir que Facebook, Instagram ou Google diminuirán considerablemente os seus ingresos, xa que os anuncios centraranse noutro tipo de plataformas máis efectivas en termos de ROI.
 
Como conclusión final, cabe dicir que segundo as predicións destas persoas expertas, investirase nos espazos onde estean as audiencias, independentemente da plataforma ou o formato habitual de consumo. É dicir, a nova publicidade tras o COVID centrarase nas persoas máis que nunca e menos no medio no que se proxectará.
 
Laura Carrera García
Asesora TIC
 

Fonte:  SmartPeme