Actualidade

« Atrás

Tendencias clave no sector turístico para 2022

Data:  venres, 10 de decembro de 2021

 

2022 aproxímase e será un ano crave para o turismo e as viaxes, así que, é o momento de reflexionar sobre algunhas das tendencias máis relevantes para o sector e que predominarán durante o novo ano.

A tecnoloxía

A tecnoloxía nas viaxes seguirá crecendo en importancia ao longo de 2022 e dos próximos anos. Desde pasaportes de vacinas dixitais ata notificacións de viaxe en tempo real, as solucións tecnolóxicas desempeñarán un papel fundamental para manter informadas a todas aquelas persoas que queiran viaxar e ofrecer orientación durante o proceso.

A tecnoloxía sen contacto seguirá facilitando a experiencia de viaxe. As empresas turísticas han adoptado solucións tecnolóxicas innovadoras para manter seguros ás persoas viaxeiras e proporcionar acceso instantáneo a axuda e información. O check-in e o pago sen contacto, a posibilidade de pedir alimentos ou servizos a través dunha aplicación, ou o servizo de atención á clientela a través de WhatsApp ou chat son algúns exemplos destas solucións.

Tamén se vai a producir un incremento no uso de tecnoloxías como a realidade virtual e a realidade aumentada, a través de solucións que incluirán percorridos virtuais polas habitacións, salóns, museos e atraccións principais dun destino turístico. Este tipo de tecnoloxía axuda ás persoas que viaxan a investigar un destino e a súa oferta máis a fondo, brindando unha maior confianza e eficacia na planificación de viaxes.

A sustentabilidade

As tendencias turísticas mostran un incremento de demanda ao redor das viaxes de baixo impacto en tanto que as persoas que viaxan están atentas ás iniciativas ambientais que as empresas turísticas levan a cabo, polo que posiblemente 2022 será o ano no que se poñan de moda definitivamente as viaxes sostibles.

A medida que as persoas se volven máis conscientes da crise climática, crece a preocupación por reducir a súa pegada e gozar das vacacións de maneira responsable. Como consecuencia, a comunidade viaxeira tamén incrementará cada vez máis as súas expectativas sobre a transparencia das entidades de viaxes nas súas iniciativas de sustentabilidade.

Por iso, Turismo Rías Baixas publicou recentemente os seus manuais para o fomento de boas prácticas de turismo sostible tanto para establecementos turísticos como para turistas, con consellos e recomendacións para que as viaxes sexan unha experiencia enriquecedora e sostible. Poderedes consultar os manuais e descargalos facendo click AQUÍ.

Todo isto significa que a medida que os países de todo o mundo traballan para cumprir os seus compromisos co Acordo de París e as empresas individualmente presentan os seus propios obxectivos ambientais, as persoas que viaxan buscarán organizacións centradas na sustentabilidade e a innovación. Esta tendencia viuse acelerada desde a pandemia e a implementación de medidas e solucións amigables co medio ambiente, a poboación e a cultura local estenderanse a todo o sector turístico.

Por mor disto, existen actualmente numerosas certificacións e selos de turismo sostible, que son acreditacións que reciben destinos, empresas ou entidades, avalando a súa forma de levar a cabo unha serie de accións ou actividades.  Para explicarche como se acreditan as certificacións e selos e as diferentes actividades que ven implicadas no proceso para conseguilas, desde Smartpeme podemos ofrecerche formación e asesoramento gratuíto adaptado ao teu proxecto empresarial.

En conclusión, os requisitos de viaxe, os protocolos de saúde e limpeza, as medidas de seguridade e a sustentabilidade serán cuestións crave en 2022. En canto á tecnoloxía ‘sen contacto', será unha tendencia moi viva o próximo ano e as empresas de turísticas deben atopar formas de proporcionar máis información, orientación e apoio personalizado á súa clientela a través de experiencias dixitais, seguras e innovadoras.

Sonia Torres

Asesora TurisTIC

 

Fonte:  SmartPeme