Actualidade
Sube á nube coa túa peme
Data: martes, 31 de maio de 2016
Se es unha peme ou autónomo e estabas pensando en incorporar ao teu negocio algún tipo de solución na nube propoñémosche participar no programa de axudas "Sube á nube", cuxo prazo abriu o 18 de maio.
Neste programa, organizado por Red.es e cofinanciado pola Unión Europea, ofrécense axudas de entre 625 euros e 15.000 euros a pemes e autónomos para poñer en funcionamento as solucións na nube.
As persoas interesadas poderedes elixir entre múltiples solucións: desde paquetes de xestión do negocio a nivel contable, plataformas de desenvolvemento en liña ou postos de usuario, con múltiples paquetes de software, ata a simple infraestrutura na nube como servizo, co cal vos poderedes adaptar ás diferentes necesidades do mercado.
A posta en funcionamento desta clase de solucións na nube permite aforros importantes de custos e, asemade, mellora a utilidade con vantaxes coma o acceso remoto e a sincronización continua, co que se incrementa tamén a seguridade da operativa.
O prazo para participar seguirá aberto ata o próximo día 8 de xuño. Para poder solicitar a axuda cómpre ser un autónomo ou unha empresa cuxa actividade sexa anterior á apertura da convocatoria; tanto no primeiro caso coma no segundo, o volume de negocio ha de ser inferior a 50 millóns de euros e o número de empregados ha de ser menor de 250.
Se che interesa obter máis información destas e outras axudas podes consultar o apartado ao respecto na web do CPAE 2.0 facendo clic aquí.
CPAE 2.0
Fonte: CPAE
Rexistro
« | Febreiro 2019 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 |
- Vigo - Instagram para a promoción de establecementos turísticos26 de febreiro de 2019 17:00Máis información
- Pontevedra - Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics26 de febreiro de 2019 18:00Máis información
- Cambados - Fotografía de produto: todo o que debes saber26 de febreiro de 2019 19:00Máis información
- O Porriño - Ferramentas de Google para a pormoción de negocios locais26 de febreiro de 2019 19:00Máis información
- Lalín - Escolle o hosting mais adecuado para as túas necesidades27 de febreiro de 2019 19:00Máis información
- Lalín - Empresas turísticas: Trámites para mellorar a túa presenza en liña28 de febreiro de 2019 17:00Máis información