Actualidade

« Atrás

Sube á nube coa túa peme

Data:  martes, 31 de maio de 2016

Se es unha peme ou autónomo e estabas pensando en incorporar ao teu negocio algún tipo de solución na nube propoñémosche participar no programa de axudas "Sube á nube", cuxo prazo abriu o 18 de maio.

Neste programa, organizado por Red.es e cofinanciado pola Unión Europea, ofrécense axudas de entre 625 euros e 15.000 euros a pemes e autónomos para poñer en funcionamento as solucións na nube.

As persoas interesadas poderedes elixir entre múltiples solucións: desde paquetes de xestión do negocio a nivel contable, plataformas de desenvolvemento en liña ou postos de usuario, con múltiples paquetes de software, ata a simple infraestrutura na nube como servizo, co cal vos poderedes adaptar ás diferentes necesidades do mercado.

A posta en funcionamento desta clase de solucións na nube permite aforros importantes de custos e, asemade, mellora a utilidade con vantaxes coma o acceso remoto e a sincronización continua, co que se incrementa tamén a seguridade da operativa.

O prazo para participar seguirá aberto ata o próximo día 8 de xuño. Para poder solicitar a axuda cómpre ser un autónomo ou unha empresa cuxa actividade sexa anterior á apertura da convocatoria; tanto no primeiro caso coma no segundo, o volume de negocio ha de ser inferior a 50 millóns de euros e o número de empregados ha de ser menor de 250.

Se che interesa obter máis información destas e outras axudas podes consultar o apartado ao respecto na web do CPAE 2.0 facendo clic aquí.

CPAE 2.0

Fonte:  CPAE