Actualidade

« Atrás

Storytelling en Turismo

Data:  venres, 16 de outubro de 2020

 
Hoxe en día os profesionais do turismo teñen que buscar ferramentas cada vez máis elaboradas para poder destacar a súa actividade entre as miles de ofertas que hai e converterse na mellor experiencia para a persoa turista á hora de facer a súa viaxe. 
 
É por iso polo que nace o Storytelling. Esta ferramenta publicitaria baséase en contar unha historia para conseguir un vínculo entre a persoa que a conta e a persoa que a ve.
 
En turismo, esta estratexia de márketing da moi bos resultados xa que conecta a parte emocional da clientela coa experiencia vivida nun destino. Se conseguimos crear unha boa historia e crear unha emoción positiva a través dela, inspiraremos ás persoas turistas a reservar unha viaxe a un destino, a facer unha experiencia que pensaban que nunca farían ou visitar un lugar que non coñecían. 
 
Cando contas unha historia sobre un destino ou unha experiencia mostras os valores que che achegou e como che sentes cando chegas a casa. Co Storytelling, te diferenciarás da competencia ensinando a todos, con imaxes ou vídeos, as túas emocións vividas nun destino.
 
Por que da tan bos resultados? Porque xeran empatía, transmiten confianza á persoa usuaria, son elementos fáciles de lembrar e se á persoa usuaria gústalle o que ve, é moi fácil de compartir cos demais. 
 
Debemos analizar varios elementos antes de lanzarnos a deseñar un Storytelling: 
 
  • Debemos ter claras as necesidades do tipo de turista ao que nos diriximos.
  • Saber cal é o recurso que imos publicitar (recurso natural, recurso cultural, atractivo turístico...)
  • Identificar a que público queremos chegar (un público máis tradicional, público familiar, público novo...)
  • Especificar que sensacións queremos que se asocien ao noso destino.
  • A música que imos elixir para captar a maior atención do noso público.
  • Organizar a campaña de comunicación que imos levar a cabo e cales serán as redes sociais que imos utilizar.
 
Estes elementos deben estar estruturados da seguinte forma: unha introdución á historia que se vai a contar, un nó e un desenlace onde concluír o relato. 
 
Aquí temos algúns dos mellores exemplos de Storytelling de Turismo Rías Baixas y Turismo de Galicia:
 
O máis importante é saber que non estamos vendendo un destino turístico senón a experiencia que se sinte ao estar nel e as sensacións que vamos a vivir. 
 
Mariana Rosa
Asesora TurisTIC

Fonte:  SmartPeme