Actualidade

« Atrás

Social Media Listening, técnica clave para saber cómo pensan os nosos clientes

Data:  martes, 24 de xullo de 2018

A utilización das redes sociais polas marcas ou empresas cambiou as regras do xogo en canto á forma na que se comparte e xérase contido para os usuarios ou clientes potenciais.

Neste sentido, coñecer ben que tipo de contido crear para poder lograr o compromiso e fidelización de marca que se quere é relevante, aínda que, non hai que esquecerse que escoitar aos seguidores e interactuar con eles é imprescindible para conectar dunha forma efectiva.

Para iso, emprégase o Social Media  Listening, técnica que permite ás empresas e marcas poder saber e coñecer todo o que se comenta en RRSS sobre a súa marca, empregando ferramentas de monitoraxe. Busca comentarios, opinións, preferencias e datos de usuarios, clientes potenciais, competidores ou líderes do sector, co fin de avaliar o rendemento dunha marca, produto ou organización, sempre en función do que comentan as persoas.

A través do emprego de dicha técnica, as empresas conseguen medir a efectividade de todo o que se di delas e das súas marcas nas distintas plataformas sociais e, con iso, calcular o impacto que teñen na reputación das mesmas. Ademais, tamén lles permite coñecer que é o que os usuarios din acerca dos seus máximos competidores e do mercado en xeral.

Hoxe en día, existen diferentes ferramentas, xa sexan de pago ou gratuítas, que permiten ás empresas observar e rastrexar os comentarios ou opinións recibidas. Entre todas as que hai, podemos mencionar Google  AlertsIceRocket, Social  Mention ou  Brandwatch.

Para as empresas, o uso do Social Media  Listening pode reportarlles múltiples vantaxes. Por exemplo, os usuarios ou clientes potenciais verán que unha marca é accesible se escoita, contesta e ten en conta as críticas, queixas ou suxestións que lle transmitan xa que sentirán escoitados e valorados. Tamén, estas preocupacións ou peticións que presentan os clientes, se son tidas en conta, permitirá que se poida ofrecer un mellor servizo. Por último, escoitar o que as persoas din acerca doutras empresas do mesmo sector e ver como  interaccionan cos seus clientes, achega información de alto interese sobre que facer e que evitar.

Por tanto, se tes unha empresa ou marca é importante ter en conta dita técnica, xa que che permite medir o nivel de lealdade ou compromiso das persoas, ademais de determinar novas oportunidades, anticiparse a potenciais situacións de crises e establecer a estratexia a seguir para lograr conseguir achegar a marca ao usuario.

Fonte:  SmartPeme