Actualidade

« Atrás

SmartPeme Impulsa, novo servizo da Deputación de Pontevedra.

Data:  xoves, 10 de maio de 2018

A Deputación de Pontevedra lanza unha nova evolución dentro do seu proxecto SmartPeme. Da man de SmartPeme Impulsa, proporcionará unha axuda fundamental para lograr unhas empresas máis eficientes. Consolidando, deste xeito, un tecido empresarial capaz de crecer, innovar e competir en mercados internacionais. Con esta ampliación de  SmartPeme, a Deputación busca apoiar o crecemento experimentado pola economía nos últimos anos.

SmartPeme Impulsa axudará ás empresas pontevedresas a mellorar a súa competitividade: incrementando a súa eficiencia, reducindo custos ou incrementando vendas, mediante o asesoramento en plans de empresa, a mellora operativa ou a optimización financeira entre outros. 

En canto á internacionalización, tendo en conta a economía galega está a crecer a taxas superiores á media española segundo o Barómetro Exportador de Galicia, faise necesario a existencia dun servizo que apoie ás empresas pontevedresas, cun asesoramento experto na devandita materia. SmartPeme Impulsa contará con vías de asesoramento para preparar ás empresas pontevedresas para dar o salto ao mercado internacional nun contexto de crecemento exterior.

SmartPeme Impulsa contará tamén cunha carteira dedicada exclusivamente á innovación. Apoiándose no Centro Provincial de Economía Dixital, os viveiros de empresas e a colaboración con axentes dinamizadores, presentará unha ampla carteira de asesoramento para aquelas pemes que desexen innovar na súa actividade empresarial. Neste ámbito, no que Galicia atópase nunha situación lixeiramente atrasada con respecto á media española,  as iniciativas de fomento á innovación están a tomar un cariz máis relevante cada día para mellorar o tecido empresarial.

Todas estas liñas conformarán o servizo de información e asesoramento personalizado dirixido a pemes e autónomos, co que a Deputación de Pontevedra buscará a mellora da competitividade e eficiencia empresarial da provincia.

Para formar parte da rede de asesorados por SmartPeme Impulsa, debedes completar a seguinte enquisa e serán os propios asesores de  SmartPeme os que vos contacten para concertar unha cita de asesoramento.

 

Fonte:  SmartPeme