Actualidade

« Atrás

SmartPeme co sector vitivinícola

Data:  xoves, 30 de marzo de 2017

Con motivo do nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño, SmartPeme organizará dúas mesas redondas. As adegas interesadas poderán ver de primeira man algunhas das mellores formas de aproveitar os avances tecnolóxicos para mellorar a produtividade e incrementar as vendas do sector vitivinícola.

O evento terá lugar no Centro Exposalnés (Paseo da calzada, s/n), durante a tarde do 4 de abril, ás 16:30, cunha presentación da xornada, e a súa finalización está planificada para as 20:30. Para comodidade dos asistentes, haberá un pequeno descanso na metade da xornada.

Durante a mesma, contarase coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, María del Carmen Silva Rego, o Deputado de Promoción e Innovación Económica, Francisco Javier Divos Pomares,  e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal Roma.

A primeira mesa redonda centrarase no aproveitamento das novas tecnoloxías para aumentar a eficiencia na xestión dos viñedos e das propias adegas, mentres que na segunda analizarase o posterior proceso de comercialización e como apoiarse nas novas tecnoloxías para ampliar mercado.

Os interesados poden inscribirse a través deste formulario, ou chamando ao 886 20 20 20.

Orde do día:

16:30 – Benvida  ás bodegas, a cargo de:

María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra

Francisco Javier Dios Pomares, Deputado Promoción e Innovación Económica

Fátima Abal Roma , Alcaldesa de Cambados

17:00 – Mesa redonda. A transformación dixital do sector do viño

Librebit: Especialistas en proxectos de implementación de solucións con software libre, e responsables da súa implementación en Paco & Lola.

Monet Viticultores: Creadores da ferramenta tecnolóxica Monet Viticultura, para a monitoraxe do estado das vides.

Seresco: Compañía de servizos informáticos detrás da plataforma "Cultiva Decisiones", para optimizar os procesos de fertilización recolección, control de pragas...

Condes de Albarei: Adega da DO Rias Baixas con máis de 400 socios e que comercializa anualmente máis de 3 millóns de botellas.

18:30 – Descanso

19:00 – Mesa redonda. As novas tendencias na comercialización online do vino

Acuarel: Empresa con experiencia na creación de aplicacións de comercio electrónico e xestión de stocks, e detrás da creación das webs de comercio electrónico de varias adegas.

Hacce: Empresa especialista en deseño e web, con especial foco no desenvolvemento multidispositivo.

José Luis Taboada: Asesor TIC SmartPeme do centro de Cambados, especialista en sistemas informáticos.

20:30 – Peche oficial das xornadas

Fonte:  SmartPeme