Actualidade

« Atrás

SmartPeme ampliará os seus servizos a partir de marzo

Data:  luns, 19 de febreiro de 2018

O proxecto da Deputación de Pontevedra, que se atopa nun continuo proceso de evolución, desenvolverá novas carteiras de servizos, co obxectivo de continuar axudando ás empresas Pontevedresas a ser máis competitivas na contorna económica actual.
Tras a evolución que supuxo a implantación do actual servizo  SmartPeme, o proxecto exponse unha nova etapa, na que verá aumentados os servizos para prestar. En concreto abriranse tres novas grandes liñas: o Centro Provincial de Economía Dixital ( CPED),  SmartPeme Impulsa e  TurisTIC. As tres liñas iranse facendo dispoñibles para as empresas pontevedresas a partir dos próximos meses.
 
Con esta ampliación, a Deputación de Pontevedra busca continuar a senda de crecemento do proxecto, que lles levou a realizar máis de 1.500 asesoramentos en 2017, un 8,5% máis que no 2016. 
 
Non só o asesoramento verase reforzado, a irrupción de novas temáticas de asesoramento pretenden mellorar os 2.300 asistentes a actividades  capacitivas de 2017 (un 8% máis que no ano previo) elevando o número de actividades anuais por encima dos 400 talleres, o que supoñería un incremento de case o 20% nas actividades que se realizaron en 2017.
 
Os retos que se expón o proxecto son moi ambiciosos, pero é que os novos servizos non o son menos. O  CPED, estará situado no viveiro de empresas que a Deputación ten en Barro-Meis, centrarase en axudar ás empresas da provincia para descubrir as ferramentas e aplicacións máis relevantes que a economía dixital e as súas solucións máis innovadoras ofrecen. Apoiado nas instalacións do  FabLab, que a Deputación ten no viveiro, o  CPED posicionarase na vangarda da innovación da provincia ao servizo das empresas.
 
Doutra banda,  SmartPeme Impulsa, abrirá novas vías de asesoramento en materia de innovación, competitividade e internacionalización. Unindo, deste xeito, os obxectivos das empresas coas máis novas tecnoloxías, procesos e servizos, e preparando ás empresas locais para competir nos mercados internacionais.
 
Finalmente  TurisTIC erixirase como o punto de apoio do sector turístico. Este servizo integrarase dentro do Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas, para potenciar un dos motores da economía da provincia. Centrarase en axudar ás empresas para adaptarse á contorna dixital que tanto afectou a este sector, cun enfoque específico para cada colectivo. Adicionalmente, esta rama contará con algunhas iniciativas innovadoras, como serán a creación dunha aceleradora, para empresas TIC relacionadas co sector turístico, e a creación dun congreso sobre o impacto das novas tecnoloxías no sector.
 
Como vedes o 2018 comeza cargado de novidades na rede  SmartPeme, no caso de que esteades interesados en recibir máis información podedes chamar ao 886 20 20 20, escribir un correo a info.smarpeme@depo.es ou achegarvos o voso  punto SmartPeme máis próximo.

Fonte:  SmartPeme