Robótica con APP Inventor - Actualidade
Actualidade
« Atrás
Robótica con APP Inventor
Data: venres, 30 de agosto de 2019

Cando temos en mente desenvolver un robot para unha función determinada e aínda estando en fase de probas, a miúdo valoramos a posibilidade de poder controlar e comunicarnos co robot vía remota. É nesta fase cando App Inventor cobra todo o sentido.
Pero que é realmente App Inventor? É ao mesmo tempo unha linguaxe de programación, unha ferramenta de deseño e unha contorna de desenvolvemento de aplicacións para móbiles e tablets que funcionen co sistema operativo Android. Destacar que é gratuíto, só é necesario un computador co navegador Chrome e unha conta de Google.
Empezar a programar nunha nova linguaxe case sempre conleva enfrontarse a unha nova sintaxe na que teremos que investir un valioso tempo en aprender os comandos, as regras de escritura e o sentido dos distintos signos de puntuación, etc. Todo este tempo é aquel que deixamos de empregar en aprender a deseñar os nosos algoritmos para facer funcionar o robot.
Con App Inventor úsanse bloques de programación cos que ir construíndo bucles, condicións, variables, etc., que permiten desenvolver a aplicación de forma sinxela e intuitiva. Dispón de dous modos primarios ou principais, o deseñador e os bloques.
- Modo deseñador. Primeiro, crearemos o interface gráfico, que é o aspecto visual que terá a nosa aplicación no dispositivo Android. Aquí, créanse todos os elementos que requira a APP, botóns, sliders, xanelas de visualización, etc., podendo darlles forma, cor, textura e definindo a súa posición na pantalla.
- Modo bloques. Unha vez deseñada a interface gráfica, pasaremos aos bloques. É aquí, mediante a agrupación de bloques de programación, onde os elementos antes creados na interface gráfica cobran funcionalidade, prográmase o que debe facer cada un.
Unha funcionalidade moi útil de App Inventor é a de poder ver a APP que estamos a desenvolver no dispositivo en tempo real, podendo facer modificacións na programación ou a interface gráfica e velas ao instante, sen ter que compilar e cargar cada vez. Para iso, é necesario que tanto o computador como o dispositivo Android estean conectados á mesma rede wifi.
Ademais, poderemos deseñar todo tipo de APP para ter o noso robot baixo control, poderemos establecer unha comunicación bidireccional coa que poder mandar ordes ao robot e ao mesmo tempo o robot poderanos enviar valores dos sensores que teña incorporados.
Unha vez creada e testada a nosa APP, podémola instalar no dispositivo de forma permanente e faremos uso dela como con calquera outra aplicación.
Manuel Freire
Asesor CPED SmartPeme
Fonte: SmartPeme
Rexistro
«
Xaneiro
2021
»
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
-
Como utilizar Instagram para promover a túa empresa II26 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
-
Ferramentas de chat e atención ao cliente26 de xaneiro de 2021 18:00Máis información
-
O valor que as marcas dan ás empresas27 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
-
Iniciación ao SEO I: conceptos, palabras clave e primeiros pasos27 de xaneiro de 2021 19:00Máis información
-
Impresión 3D III - Nozzles, tipos e usos28 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
-
Redes sociais para establecementos turísticos29 de xaneiro de 2021 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento