Actualidade

« Atrás

Resolución V Aceleradora de Empresas do Sector Turístico

Data:  xoves, 27 de outubro de 2022

O 2 de novembro dará comezo a V Aceleradora de Empresas do Sector Turístico, desenvolto polo servizo SmartPeme da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Fundación Roberto Rivas. Esta quinta edición ten como propósito impulsar aqueles proxectos ligados ao sector turístico que desexen reorientar ou poñer en marcha a súa actividade.
 
A aceleradora conta con dúas fases complementarias. Por unha banda, o desenvolvemento de actividades de capacitación, compostas por distintos obradoiros enfocados ás necesidades do sector turístico, como son a elaboración dun plan de empresa, creación e difusión dunha marca turística, motores de reservas… entre outros.
 
A segunda fase consistirá na mentorización, que consta de sesións de traballo individualizadas con persoas asesoras expertas en turismo, competitividade empresarial, novas tecnoloxías e imaxe dixital (todas elas adaptadas ás necesidades de cada proxecto).
 
As distintas actividades formativas da V Aceleradora de Empresas do Sector Turístico executaranse ata o 20 de decembro do 2022 e realizaranse en formato en liña. A programación prevista é a seguinte:
 

*As datas son susceptibles de modificarse no transcurso do programa

Unha vez realizado o proceso de selección, tendo en conta a información achegada polas persoas interesadas, así como a súa memoria do proxecto e declaración de dispoñibilidade, e de acordo cos criterios para aplicar na selección das persoas participantes na V Aceleradora de Empresas do Sector Turístico, 8 proxectos foron os elixidos a formar parte desta aceleradora: 
  • Meet Rural: ten como obxectivo crear unha plataforma que sirva de encontro para os municipios rurais do sur de Galicia e norte de Portugal, onde estean representados tanto os concellos con toda a súa información pública como os negocios e persoas traballadoras dos propios concellos. 
  • Gallery Selfie: o obxectivo de Gallery Selfie é o de ofertar unha opción diferente de lecer cultural co que as persoas visitantes poderán ter a oportunidade de divertirse á vez que fan un percorrido temático cultural, aprendendo e rememorando o Art-POP exposto en máis de 15 salas. En Gallery Selfie poderase realizar eventos musicais, meet and greet, celebracións, aniversarios, rodaxe de vídeos, seccións fotográficas, presentacións, lanzamentos e moito máis.
  • Cristian Lago Nuñez: o seu obxectivo é o de contribuír a mellorar a oferta turística e de lecer na contorna municipal de Tui, aproveitando os numerosos recursos que achega este lugar estratéxico no que se solapan historias ao longo de máis de 2.000 anos, desde os muíños naviculares do Neolítico ata a conformación dunha moderna Eurociudade Tui-Valença.
  • Asesoramento, xestión e atención ao cliente para empresas turísticas: este proxecto busca garantir que os establecementos turísticos de Pontevedra poidan levar a cabo todo o cumprimento administrativo, ademais de adaptarse aos novos requirimentos que entrarán en vigor no 2023. Por outra banda, tamén busca ofrecer un servizo á persoa viaxeira fose do horario estándar, transmitindo así tranquilidade, seguridade e comodidade ao turista na provincia de Pontevedra.
  • Maruxío: busca crear unha iniciativa que axunte a oferta turística xa consolidada, cunha oferta potente de turismo de experiencia. Pretende dar vida á zona rural e conseguir que a actividade agrícola sexa un dos motores da actividade económica e de garantía de calidade de vida.
  • Pontevedra: Roteiros temáticos para coñecela: Este proxecto expón roteiros en destino autoguiados, con diferentes paradas, onde a persoa usuaria poida valorar o patrimonio natural, faunístico, florístico, arquitectónico ou inmaterial da provincia, desprazándose no seu propio vehículo (turismo, autocaravana, moto. . .), pero realizando un percorrido adaptado ás súas necesidades e gustos, e que repercutan na economía local.
  • A miña Casa de Vacacións: busca crear unha empresa de xestión de alugueiros vacacionais rendible, sostible e de alto valor turístico para a zona cun forte impacto económico na provincia.
  • Acíes Apartamentos: este proxecto consta de 8 apartamentos de deseño contemporáneo en Cangas de Morrazo con vistas ás Illas Cíes. Orientados ao sur e resgardados do norte pola propia topografía son o enclave perfecto para gozar dunha zona de natureza e do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
A continuación, móstrase a listaxe de persoas admitidas:
 
 
Pode consultar con maior detalle a Resolución Presidencial de persoas beneficiarias da V Aceleradora de Empresas do Sector Turístico AQUÍ.

Fonte:  SmartPeme