Actualidade

« Atrás

Resolución IV Programa de aceleración de empresas do sector turístico da provincia de Pontevedra

Data:  luns, 25 de outubro de 2021

O 25 de outubro empezará a desenvolverse o IV Programa de aceleración de empresas do sector turístico da provincia de Pontevedra desenvolto polo servizo Smartpeme da Deputación de Pontevedra. Esta aceleradora nace co obxectivo principal de axudar a este sector asesorando a pequenas empresas e persoas emprendedoras e autónomas a desenvolver novos proxectos e innovar nos xa existentes.
 
O Programa conta con dúas fases. Por unha banda, a mentorización, que inclúe o deseño da folla de roteiro a seguir para o desenvolvemento do proxecto e o programa intensivo de titorías, que consta de sesións de traballo individualizada con persoas asesoras expertas en turismo, tecnoloxía, en imaxe dixital e sesións cun especialista en competitividade empresarial (todas elas adaptadas ás necesidades de cada proxecto).
 
A segunda fase consistirá no desenvolvemento de actividades de capacitación, compostas por distintos obradoiros enfocados en márketing dixital, web, creación dun plan de empresas e outros dous máis enfocados ao turismo. 
 
As actividades do Programa de aceleración executaranse ata o 4 de febreiro e o número de sesións e a frecuencia axustarase ás necesidades de cada empresa.
 
Unha vez realizadas as entrevistas persoais de selección vía telefónica, tendo en conta a información achegada polas persoas interesadas, así como a súa memoria do proxecto e declaración de dispoñibilidade, e de acordo cos criterios para aplicar na selección dos participantes na IV convocatoria do Programa de aceleración de empresas do sector turístico da provincia de Pontevedra, 6 proxectos foron os elixidos que pasan a formar parte deste Programa: 
 
Que facemos mañá?: Proxecto que proporciona información a turistas de todos os eventos locais de Galicia
 
GALPING Water Sports: Servizo de alugueiro de Hobie Step Pádel Surf
 
Serao Produción & Animación: Animación e eventos 
 
Patri Novas Turismo + Patrimonio: Visitas guiadas en Cangas 
 
Albergue Rosa de Abreu: Albergue turístico para peregrinos e turistas
 
Mellor con Guía: Visitas guiadas en Redondela 
 
A continuación, relaciónase a listaxe de persoas admitidas e persoas en reserva: 
 
 
 
As principais demandas baséanse na creación ou actualización de páxinas web, xestión de redes sociais e outras ferramentas de promoción e publicidade que axuden a gañar visibilidade a estes negocios.
 
Desta maneira, axudarase á adaptación a proxectos turísticos ás novas tecnoloxías, conseguindo novas canles de venda e promoción que lles permitan chegar a máis clientela.
 
 
 
 
 

Fonte:  SmartPeme