Actualidade

« Atrás

Resolución I Programa de Emprendemento no Viveiro de Empresas Barro

Data:  luns, 13 de xuño de 2022

O 1 de xuño empezou a desenvolverse o I Programa de Emprendemento no Viveiro de Empresas de Barro desenvolvido polo servizo Smartpeme da Deputación de Pontevedra. Este programa nace co obxectivo principal de dar apoio na creación de proxectos de emprendemento e nas súas fases máis temperás.
 
O Programa conta con dúas fases. Por unha banda, o desenvolvemento de actividades de capacitación, compostas por distintos obradoiros enfocados en creación dun plan de empresa, márketing dixital, web, desenvolvemento de habilidades empresariais, finanzas… entre outros.
 
 A segunda fase consistirá na  mentorización, que consta de sesións de traballo individualizadas con persoas asesoras expertas en emprendemento, novas tecnoloxías e imaxe dixital (todas elas adaptadas ás necesidades de cada proxecto).
 
As actividades do I Programa de Emprendemento executaranse ata o 31 de xullo.
 
Unha vez realizado o proceso de selección, tendo en conta a información achegada polas persoas interesadas, así como a súa memoria do proxecto e declaración de dispoñibilidade, e de acordo cos criterios para aplicar na selección dos participantes no I Programa de Emprendemento no Viveiro de Empresas de Barro, 12 proxectos foron os elixidos que pasan a formar parte deste Programa: 
 
Balcóns de Loira: esta empresa ten o obxectivo de crear apartamentos onde gozar de aloxamento e experiencias turísticas sostibles e de alta calidade.
 
Cbutts: este proxecto desenvolveu un dispositivo ecolóxico de pequeno tamaño onde se pode acumular e  prensar as cabichas de cigarro.
 
Escola Medio Ambiental  Fragas: esta escola busca diminuír a contaminación ambiental mediante a educación, motivando á poboación para que participen en accións que teñan unha repercusión positiva na contorna natural.
 
Galisacra: esta idea busca crear distintas actividades turísticas que xorde de o crecente interese no lecer relacionado co turismo, as saídas a localidades próximas e as ganas de  sociabilizar con outras persoas.
 
GM  Solutions: este proxecto conta con dúas liñas de servizos, en primeiro lugar, con  COMPANY  GM  SOLUTIONS que se crea co obxectivo de axudar a pequenas e medianas empresas a contactar con profesionais en distintos servizos e, en segundo lugar, con  FAMILY CM  SOLUTIONS que se crea co obxectivo de axudar as familias na resolución dos problemas aos que se enfrontan cada día poñéndolles en contacto cos profesionais que necesitan.
 
A médico das túas finanzas: o obxectivo é mellorar a educación financeira da poboación española desde os máis novos
 
Muxa Brava: unha empresa enfocada á Produción de Proxectos Artísticos, Educativos e Divulgativos nados con denominación de  Orixen  Galega, comezando pola de Rías Baixas. 
 
Proxecto  enerxía e eficiencia  enerxética: o obxectivo da creación deste proxecto é a formación e asesoramento no sector da enerxía, no que se proporciona ás persoas usuarias información sobre a posibilidade de xerar a súa propia enerxía e mellorar a súa eficiencia enerxética. 
 
Skeirrum: é unha aplicación móbil que ofrece unha actividade personalizada, dixitalizada e sostible coa que se fomenta un estilo de vida activo, como un escape  room ao aire libre.
 
Tombo: empresa que se encarga da fabricación de bolsos e complementos feitos artesanalmente 100% en España, a partir de velas reutilizadas.
 
Troulanda: é un proxecto web que busca proporcionar aos turistas unha ferramenta para explorar máis aló, destacando o que fai diferente a cada destino específico.
 
TV  Lux: é unha plataforma de TV en liña á carta con contidos de entretemento e crecemento persoal, consellos de  coaching, entrevistas á xente de Pontevedra e arredores buscando sucesos positivos, etc.
 
A continuación, relaciónase a listaxe de persoas admitidas e persoas en reserva: 
 
 

Fonte:  SmartPeme