Actualidade

« Atrás

Cal e a miña reputación online?

Data:  xoves, 01 de decembro de 2016

´

A reputación online è o reflexo do prestixio ou estima de unha persoa ou marca en Internet.

Unha vez temos presencia na rede, somos visibles tanto para a audiencia como para a competencia as 24 horas do día durante os 365 días do ano. Durante todo ese período de tempo vértense na rede multitude de informacións, comunicados e opinións sobre persoas, empresas, marcas, produtos e servizos, que van gardándose nas súas bases de datos.

O coñecemento, seguimento e "control" de toda a información que afecta a nosa empresa ou marca forma parte do que se chama "Xestión da Reputación Online".

A "Reputación Online" é o reflexo do prestixio da nosa empresa ou marca en Internet, creada non só por nos a través da calidade dos nosos contidos, senón tamén polas demais persoas que intercambian información e opinións sobre eles na rede a través de foros, blogs ou redes sociais.

A xestión da Reputación Online vai dende a recollida de toda a información relacionada, pasando polo seu seguimento, a análise posterior de se afecta ou non negativamente á "reputación" e a "imaxe" da nosa empresa ou marca, pero ademais, debemos saber xestionar os momentos de crise que poidan afectar ou influír nos contidos que prexudican a nosa marca.

Se tomamos a iniciativa de xerar contidos e opinións positivas, estes verán da mano de ofrecer información a través das nosas ferramentas online (web, redes sociais, blog, canal de vídeo...) cun calor engadido, e axudar ao noso segmento de mercado a atopar toda a información relevante do noso modelo de negocio que poida ser do seu interese, o cal permitira mellorar o noso posicionamento.

No outro extremo sempre podemos atoparnos cunha crise de reputación, cando ao buscar o nome da empresa ou marca en Internet aparezan resultados pouco favorables, como entradas a modo de troll dixital, queixas, reclamacións, competencia directa... Aos cales debe facerse fronte de maneira inmediata.

Unha das maneiras mais fiables de loitar contra a reputación online negativa e o marketing de contidos, a creación de contido online positivo e de calidade, que contribuirá a paliar as posibles consecuencias negativas derivadas de ataques contra a túa marca.

Outro elemento e saber xestionar unha crise no momento no que esta producíndose. Un protocolo adecuado para isto podería ser o seguinte:

  • Recopiar todos os comentarios en redes sociais, blogs, revistas, foros, e calquera soporte dixital que fale da nosa marca dende o primeiro momento (Mention, Alerts...)
  • Coñecer aos teus principais influencers, para poder xestionar e responder aos seus comentarios. Ó ter estes un numero elevado de seguidores e exercer unha forte influencia na rede, son os primeiros aos que debemos calmar e compensar.
  • Xestionar os comentarios, aproveitando as posibilidades de ferramentas como Mention para separar os comentarios en positivos e negativos. No caso dunha crise reputacional terán prioridade as mencións negativas.
  • Dar a volta ao problema: Cando unha crise é de gran envergadura resulta necesario compensar ao usuario de forma proporcional para gañar novamente a súa confianza.

È un elemento fundamental contar con ferramentas que nos permitan controlar que ocorre ao noso arredor en relación a nosa marca. Se o que desexamos é penetrar cada vez mais no mercado dixital empregando e afianzando marca, non debemos perder a perspectiva da nosa evolución.

Para isto podemos apoiarnos en ferramentas gratuítas, como Google Alerts, que permite recibir notificacións cada vez que o buscador Google atopa novos resultados relacionados cos termos que seleccionamos, ou ferramentas mais potentes como Mention , que permite atopar e clasificar os comentarios.

José Luis Taboada Fernández

Asesor TIC Red SmartPeme

Enxeñeiro informático

 

 

Fonte:  SmartPeme