Actualidade

« Atrás

Redes sociais para establecementos turísticos

Data:  venres, 22 de maio de 2020

No momento que apareceu internet e o uso das tecnoloxías no turismo, este sector viuse obrigado a buscar as formas de adaptarse día a día ás novas demandas que ían xurdindo coa masificación de información dos turistas. 
 
Hoxe en día é fundamental ofrecer os teus servizos a través das túas redes sociais para poder chegar a un maior número de xente, poder realizar as reservas de forma online, chegar a todas as partes do mundo, realizar reservas de última hora, mostrar experiencias e opinións doutras persoas usuarias, etc...
 
Pero... Cales son as mellores aplicacións que podo utilizar para conseguir todo isto? Estas son as nosas recomendacións:
 
  1. Tik Tok, é a rede social máis descargada no ano 2019, tendo moi pouco contido do ámbito turístico, é unha gran oportunidade de mercado ante 1.500 millóns de persoas e unha orixinal forma de encaixar o teu contido mostrando pequenos clips de 15 segundos sobre os servizos que ofreces. 
  2. Facebook, mediante as páxinas de empresa, permitenos acercar o noso contido a millóns de persoas no mundo. É moi importante saber xestionar as publicación desta aplicación para crear unha forte imaxe de marca e acercar a estas persoas usuarias a túa páxina de reservas.
  3. Instagram, a través do perfil empresa, permítenos enlazar os contidos de varias contas, tamén nos permite programar as nosas publicacións, saber o noso alcance, impresións de contido e analizar a nosa audiencia. 
  4. Foursquare, ofrece a través da súa aplicación realizar unha guía da cidade que elixas. Nela, recoméndache monumentos, entretemento, restauración e recomendacións sobre a zona que se marque co mapa ou que se busque no localizador ao viaxeiro. Se es a persoa propietaria dun establecemento turístico e queres darche a coñecer na cidade esta aplicación permite que "reclames" o teu lugar e xestiones todas as opinións. 
  5. A miña nube, a cal proporciona información útil á hora de viaxar e xestionar a visita ao teu destino a través de valoracións doutras persoas usuarias. Na propia aplicación permíteche dar de alta o teu establecemento de forma moi sinxela, rápida e gratuíta. 
  6. TripAdvisor, trátase dunha rede, buscador e xestor de servizos turísticos que tamén se complementa de opinións doutras persoas usuarias. Ademais disto proporciona unha axuda complementaria á hora de reservar hoteis, alugueres vacacionais, reservas de voos, comparando os prezos de todos os servizos en tempo real. É un avance para que a persoa propietaria dos establecementos poida posicionarse nesta páxina xa que podes contestar directamente as persoas usuarias sobre as súas cuestións, dúbidas, tarifas, queixas, etc.
 
O que se ten que ter claro, é que estas aplicacións e moitas máis que van gañando peso día a día, están a ser un complemento á hora de xestionar os nosos establecementos turísticos e que poden converterse nun gran aliado para conseguir unha maior clientela e unha mellor xestión dos nosos servizos. 
 
Na área de TurisTIC de Smartpeme, temos as ferramentas para asesorarche na mellor xestión destas redes sociais e todos os temas que necesites para sacar o máximo partido á túa experiencia como propietario turístico.
 
Mariana Rosa 
Asesora TurisTic

Fonte:  SmartPeme