Actualidade

« Atrás

Redes Neuronais Artificiais e recoñecemento de imaxes

Data:  venres, 28 de febreiro de 2020

Unha Rede Neuronal Artificial ou RNA, é un conxunto de algoritmos matemáticos deseñados especialmente para recoñecer patróns e sitúase como unha técnica máis dentro do Machine Learning. Estas redes neuronais artificiais tentan emular o funcionamento das neuronas biolóxicas e a maneira en que os humanos tomamos decisións.
 
Entón, unha Rede Neuronal Artificial componse dun conxunto de neuronas interconectados entre si formando unha rede, esta rede pode ser tan complexa como desexemos, pero a súa estrutura mínima é a composta por tres capas, unha capa de entrada, unha capa oculta e unha terceira capa de saída.
 
 
 
Esta técnica aplicada ao recoñecemento de imaxes móstrase especialmente efectiva, vexamos sen entrar en tecnicismos como funciona.
 
Supoñamos que queremos que a nosa rede Neuronal sexa capaz de recoñecer rostros humanos dentro de imaxes, para iso, debemos alimentar a rede con miles de fotografías con ou sen rostros humanos para que poida aprender a distinguilos do resto da imaxe, debemos adestrala. Esta aprendizaxe realízase mediante un proceso de deconstrucción das imaxes.
 
 
Cada capa da nosa rede neuronal está formada por un grupo de neuronas e en cada unha delas albérgase unha función matemática específica, a capa de entrada vai lendo cada imaxe fornecida e descompona en pixeles, a seguinte capa recolle eses pixeles, aplica a función que ten asignada e buscará estruturas simples como liñas rectas ou ángulos, a seguinte capa buscase formar estruturas máis complexas como curvas ou elipses, así ata que se chega a unha capa cuxa función é capaz de formar ollos, narices ou bocas ata chegar á última capa que é capaz de formar unha cara. 
 
Por tanto, este tipo de redes descompoñen os datos de entrada na súa mínima expresión e segundo avanzan pola rede as funcións máis simples vanse combinando con outras máis complexas para buscar estruturas características do rostro humano ata completar a cara. O seguinte paso sería identificar á persoa á que corresponde esa cara.
 
Manuel Freire
Asesor Tic SmartPeme

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento