Red.es e AMETIC redobrarán esforzos no afianzamento das empresas en novos mercados - Actualidade
Actualidade
« Atrás
Red.es e AMETIC redobrarán esforzos no afianzamento das empresas en novos mercados
Data: xoves, 20 de marzo de 2014
Red.es e AMETIC (Asociación Multisectorial de Empresas da Electrónica e as TIC) veñen de asinar un acordo que serve de prolongación a unha colaboración que xa vén de 2011 e que, entre outras cousas, servirá para impulsar a internacionalización das empresas do Estado. Así o deu a coñecer o director xeral da entidade público-empresarial, César Miralles, no transcurso da xornada Oportunidades de financiamento para PEME innovadora, organizada precisamente por AMETIC.
O acordo renovado entre ambos os organismos ten o obxectivo de favorecer a actividade externa das empresas tecnolóxicas impulsando a súa participación en proxectos de I+D+i europeos durante os anos 2014 e 2015.
Ademais, traballarase para que as capacidades, necesidades e intereses da industria estatal fiquen reflectidos no segundo programa de traballo Horizonte 2020, un programa do que puidemos coñecer as súas liñas xerais, recentemente, no marco dunha xornada de traballo na Universidade da Coruña (trátase dun plan de financiamento da Unión Europea polo que se investirán nos vindeiros sete anos 70.200 millóns de euros en proxectos de investigación e innovación, tanto en ciencia básica como aplicada e en transferencia de coñecemento á empresa).
Fonte: Codigo Cero
Rexistro
« | Abril 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento