Actualidade

« Atrás

Quipu, facturación sinxela desde a nube para o teu negocio

Data:  mércores, 23 de xullo de 2014

Se che resulta difícil levar ó día as contas e tes dispersa a facturación, tes que probar Quipu, un programa de facturación e xestión financeira en liña dirixido a non expertos, que permite de forma sinxela xestionar as tarefas administrativas e, especialmente, as obrigas tributarias.

Quipu está especialmente indicado para autónomos e pemes. O seu sistema de xestión na nube permite o acceso á información desde calquera punto. Un dos seus puntos fortes é a xestión case automática dos pagamentos de IVE e IRPF, pero ten moitas outras características de interese:

  • Fácil acceso a toda a información financeira: cun panel de control que centraliza a información e desde o que se pode acceder desde calquera lugar e dispositivo. Ademais pódense dar permisos para que outros usuarios poidan acceder á túa conta.
  • Creación de facturas e orzamentos: de forma sinxela e con varios padróns pódense crear facturas para lles enviar ós teus clientes; permite ordenalas e converter orzamentos en facturas facilmente.
  • Control de gastos: permite subir desde o móbil os tíckets grazas á aplicación Ticket Hunter e controlar os gastos, ordenalos e clasificalos para realizar as liquidacións de IVE e IRPF automaticamente.
  • Xestión de cobros: clasifica os cobros de maneira sinxela e ten un sistema de notificación para levalos ó día.
  • Xestión de provedores e clientes: Quipu permite dar de alta a todos os contactos necesarios para a xestión do teu negocio.
  • Importar e exportar a información: permite descargar a información que necesitas, ordenala e presentala en gráficos.
  • Cubre os modelos tributarios para autónomos.

Podes obter Quipu gratis durante 30 días sen compromiso. Usas algún programa de facturación no teu negocio? Que che parece Quipu? Paréceche importante gardar a información na nube?

http://www.masquenegocio.com/2014/07/18/quipu-facturacion-nube-negocio/

Fonte:  http://www.masquenegocio.com