Actualidade

« Atrás

Que ter en conta na fotografía

Data:  venres, 04 de setembro de 2020

A fotografía é unha práctica que moitos levamos a cabo, e en ocasión, temos en mente que tendo unha boa cámara xa está todo feito, pero estamos equivocados.
 
Neste artigo imos falar de pequenos aspectos a ter en conta á hora de fotografar, que mellorarán considerablemente a calidade das nosas fotografías.
 
IDEAS E PLANING
 
Antes incluso de ter a cámara na man, debemos pensar que tipo de fotografía imos realizar. Para isto, é moi importante desenvolver a creatividade: intentando ter sempre ideas frescas, nutrirnos de cultura visual... con isto refírome a ver fotografías, pensar en como están feitas, pensar en que elementos ou ferramentas preciso para levar a cabo ese tipo de imaxe e, sobre todo, precisamos de planificación para aforrar esforzo e tempo.
 
LUZ
 
Cando pensamos nunha persoa fotógrafa, esta non deixa de ser unha artista. No caso do pintor ou da pintora fai arte coa pintura, mentres que a persoa fotógrafa fai arte coa luz. É un dos elementos máis importantes na fotografía e, as veces, é complicado de manexar. No caso da luz natural, sempre dependerá do noso entorno, o sol, as nubes, etc., mentres que a luz artificial e máis doada de controlar; sempre será a mesma, pero tamén é complicada de conseguir unha luz artificial potente coma a do día, polo que este tipo de luz ten os seus pros e contras.
 
COMPOSICIÓN
 
A composición dependerá dos elementos que encadremos dentro da imaxe: se son persoas teremos retratos, se son edificios ou vexetación serán paisaxes, podemos facer bodegóns con múltiples obxectos, e acadar resultados moi interesantes simplemente movendo os elementos da nosa composición para dar unha nova perspectiva a imaxe.
 
CÁMARA
 
Hoxe en día podemos conseguir un bo resultado tanto cun smartphone como coa cámara réflex, sempre haberá aspectos que unha teña mellor ca outra. Por exemplo, na réflex non se poden facer panorámicas, mentres que no smartphone pódese incluso (dependendo do modelo) facer fotografías de 360 grados, pero en cuestión de calidade, poderíamos utilizar calquera das dúas opcións.
 
ENCADRE
 
O encadre é o tamaño do marco no que encerramos a nosa composición. Pode ser cadrado, panorámico, estándar, ou no tamaño que precisemos e que nos ofreza o dispositivo co que realicemos a fotografía. As veces, este encadre facilítannos non ter que recortar a fotografía posteriormente e ter ben centrados os elementos da composición xa antes de realizar a fotografía.
 
CORES
 
O uso das cores na fotografía poder dar un novo aire a esa imaxe que queres realizar. Podemos crear unha imaxe monocromática utilizando as mesmas cores pero en diferente tonalidade, como una fotografía azulada, ou mesmo un branco e negro. Podemos escoller coloridos complementarios, é dicir, que están no lado contrario na roda cromática, desta maneira destacarán un sobre o outro coma por exemplo, o azul co laranxa, ou o violeta co amarelo.
 
O traballo da persoa fotógrafa non é soamente disparar, ten que ver, mirar, votar unha ollada, fixarse no detalle, ter en conta o entorno, a luz, as cores, o destino desa imaxe, se necesito que sexa cadrada, ou quero abarcar máis espazo da fotografía...
 
E como todo na vida, hai que practicar moito. 
 
¡Ánimo con esas fotografías compañeir@s!
 
Lara Taboada
Asesora TIC

Fonte:  SmartPeme