Actualidade

« Atrás

Programación do FabLab da terceira edición do coworking de Barro

Data:  luns, 18 de febreiro de 2019

O pasado 5 de febreiro arrincou a terceira edición do  Coworking da EOI e a Deputación de Pontevedra, con sede no viveiro de empresas de Barro-Meis.
 
Esta iniciativa pretende acompañar a emprendedoras e emprendedores na posta en marcha do seu proxecto, fomentando o emprendemento e axudándolles a desenvolver con éxito as súas ideas de negocio.
 
Como en anteriores edicións, a posta en marcha do coworking supón tamén o lanzamento da programación específica de talleres do  FabLab enmarcados no programa. O obxectivo deste itinerario formativo é achegar as bases de temáticas novas como a robótica ou a impresión 3D a toda persoa interesada en coñecer as vantaxes que poden ofrecerlle para o desenvolvemento do seu negocio.
 
Estes obradoiros de tres horas aproximadas de duración cada un, son abertos ao público en xeral, de maneira que se estás interesada ou interesado en asistir, soamente tes que clicar nesta ligazón e cubrir o formulario de inscrición.
 
Estes son os obradoiros programados para os próximos meses:
 
 
 

Fonte:  SmartPeme