Actualidade

« Atrás

Programación de obradoiros do Fab-Lab

Data:  mércores, 12 de setembro de 2018

Co inicio da 2ª edición do  Coworking, dan comezo tamén os novos talleres organizados no  Fab- Lab, situado en Barro-Meis.

O  Fab- Lab, pensado para a mellora e modernización do tecido empresarial da provincia,  conta nas súas instalacións con impresoras e escáneres 3D así como kits de Arduino. No mesmo, levarase a cabo unha completa programación de obradoiros específicos de fabricación dixital para promover o coñecemento e o uso desta tecnoloxía. Desta maneira, os asistentes a estes obradoiros poderán desenvolver habilidades técnicas de fabricación e deseño e establecer unha primeira toma de contacto con estas aplicacións de fabricación dixital. 

As aplicacións destas tecnoloxías no ámbito empresarial son diversas. No caso do modelado e a impresión 3d, técnica de fabricación aditiva máis en auxe actualmente, lógrase abaratar tempo e custos no proceso produtivo, tanto nas fases de deseño de produto como na fabricación final. Polo que respecta as placas de Arduino, podemos achegarnos dun modo moi intuitivo tanto aos sistemas robotizados, que están a transformar campos tan diversos como a loxística, a vixilancia, a medicina ou a agricultura, como aos sistemas embebidos, que podemos atopar en todo tipo de obxectos cotiáns (televisores,  routers, lavadoras, vehículos) e profesionais (maquinaria industrial…).

A continuación, presentámosvos a carteira de talleres programada para estes próximos meses:

  • Fabricación Dixital: Que É e Como Pode Axudar o Meu Proxecto/Empresa? - Fernando Coladas 10/07/2018 De 16:30 a 19:30 horas
  • Fabricación Dixital: Iniciación ao Deseño e Impresión 3D–Impresión 3D I - Fernando Coladas 12/07/2018 De 16:30 a 21:30 horas 
  • Fabricación Dixital: Iniciación ao Deseño e Impresión 3D–Impresión 3D II - Fernando Coladas 17/07/2018 De 16:30 a 21:30 horas 
  • Fabricación Dixital: Iniciación ao Deseño e Impresión 3D–Impresión 3D III - Fernando Coladas 19/07/2018 De 16:30 a 21:30 horas 
  • Fundamentos e Iniciación ao Arduino–Arduino I - Fernando Coladas 13/09/2018 De 16:30 a 21:30 horas 
  • Fundamentos e Iniciación ao Arduino–Arduino II - Fernando Coladas 20/09/2018 De 16:30 a 21:30 horas 
  • Fundamentos e Iniciación ao Arduino–Arduino III - Fernando Coladas 27/09/2018 De 16:30 a 21:30 horas 
  • Jam Session de Deseño e Desenvolvemento de Prototipos. Sesión colaborativa na que se formula un reto de negocio e se desenvolven e proban por equipos solucións e prototipos que dean resposta - Mariem Filgueira y Fernando Coladas 06/10/2018 De 10:00 a 18:00 horas
Para confirmar a vosa asistencia podedes inscribirvos no seguinte formulario.

Fonte:  SmartPeme