Actualidade

« Atrás

Principais tendencias e predicións das redes sociais para o 2022

Data:  venres, 21 de xaneiro de 2022

 

Xa iniciamos o 2022, e chegamos a ese momento do ano, onde imos comezar a escoitar todas as predicións que nos axudarán a descifrar como se proxectarán algunhas redes sociais como Instagram,  Tik- Tok e Twitter ao longo dos próximos 12 meses. 
 
Estar ao tanto das tendencias e predicións é importante xa que, se a comezos de ano dinnos que algo terá impacto nalgún momento, tentaremos adiantarnos e converternos en "early  adopters", é dicir, trataremos de adaptar estas predicións ás nosas estratexias para ir un paso por diante da nosa competencia.
 
Pero, que tal se en base ás predicións facemos nosa propia estratexia, e innovamos en áreas onde é bastante incerto determinar o que se converterá en tendencia nos próximos meses? 
 
Neste momento é onde nos preguntamos: 
 
Coñezo o meu negocio?
Que quero lograr con esta tendencia?
Benefícialle ao negocio? 
Cal é o idioma da miña marca? 
Que lle interesa á miña comunidade?
 
Por tanto, unha vez analizadas as tendencias e predicións para este 2022, determinamos que algunhas delas poden influír na nosa forma de facer márketing nas redes sociais e os medios dixitais. E, para saber cales delas influirán, debemos determinar cales son as necesidades do noso negocio e as da nosa comunidade. Só así podemos ter unha idea clara de se debemos ou podemos seguir as ideas e estilos de moda que outras marcas similares seguen.
 
Lembra, que o que outra marca puido estudar e analizar non ten por que aplicar ao teu negocio, só ti coñeces á túa comunidade.
 
Por iso, primeiramente, revisaremos os medios de comunicación social máis destacados actualmente e que, por tanto, deberías ter en conta para a túa estratexia de márketing. Recomendámosche empezar valorando estas seis:
 
Facebook: Conta con 2.200 millóns de persoas usuarias activas ao mes posicionándose como a plataforma con maior popularidade a nivel mundial para a poboación e especialmente, para as persoas dedicadas ao márketing, a pesar da drástica subida en cota de mercado doutras redes sociais. Así que, especialmente para facer campañas de publicidade, é unha gran candidata para considerar.
Instagram: É a plataforma máis utilizada por influencers a nivel mundial grazas ao seu formato de imaxe e vídeo, onde destacan os Reels. Ademais cabe sinalar que, a nivel de engagement (compromiso) por parte das persoas usuarias, nesta rede lógranse cifras máis altas que en Facebook.  
TikTok: Para 2022, preséntase como a rede social preferida grazas a incrementar notablemente o número de persoas usuarias en todo o planeta e fidelizalas proporcionando un formato de vídeos curtos e dinámicos. Tamén, destaca por ser a rede social con maior crecemento desde o seu lanzamento en 2016.
Twitch: Trátase dunha plataforma de streaming que conseguiu demostrar a súa relevancia dentro da comunidade da internet grazas aos seus particulares características. Entre esas características están a capacidade que ofrece ás persoas usuarias para mostrar unha gran diversidade de contidos de forma máis próxima, o que resulta nunha mellor conexión entre influencer e persoa usuaria.
Twitter: Soubo adaptarse ás novas tendencias grazas ás súas últimas actualizacións. Algunhas das súas próximas funcións serán a  monetización (incluíndo os  Bitcoins), creación de contidos de audio, apoio financeiro, técnico e de márketing...
LinkedIn: cobra máxima importancia se a túa empresa é B2B, dado que é a rede social profesional por excelencia.
 
Unha vez analizadas as principais redes sociais da actualidade, pasaremos a determinar 10 tendencias que hai que ter en conta en 2022 para sacar o máximo rendemento delas:
 
1. Impulsar as vendas en redes sociais
2. Márketing de influencers, destacando os e as microinfluencers
3. Vídeo márketing /  clips curtos
4. Contido breve
5. Contido creado polas propias persoas usuarias
6. Publicidade en liña de atracción 
7. Metaversos, realidade aumentada e realidade virtual
8. Contido xerado por Intelixencia Artificial
9. Creación e desenvolvemento de comunidades fieis
10. Eliminación progresiva das cookies
 
A estratexia de redes sociais axudará a potenciar o negocio e para conseguir resultados é imprescindible dedicar tempo, esforzo e contar con persoas especializadas no campo. Por iso, desde Smartpeme animámosche a contactar hoxe mesmo!
 
Guillermo Nass
Asesor TIC
 

Fonte:  SmartPeme