Actualidade

« Atrás

Presta atención a estas aplicacións móbiles de Android: están infectadas cun malware

Data:  xoves, 19 de setembro de 2019

Un novo virus malware na tenda de Android está a infectar a máis de 500.000 móbiles por todo o mundo. Así o daba a coñecer un grupo de investigadores en seguridade da empresa CSIS que observaron que o malware chamado Joker infectaría ata 24 aplicacións.
 
Este malware está deseñado para poder infectar ao dispositivo móbil, integrarse no sistema silenciosamente e rexistrar aos usuarios en servizos de subscripción premium, co fin de roubarlle ata sete dólares por semana.  
 
O funcionamento do Joker simula un proceso de rexistro en calquera aplicación. A continuación, este virus fai clic nun anuncio dentro destas "apps infectadas" e volve a repetir a simulación dun rexistro cando se atopa dentro do sitio web. A partir dese momento, o malware pode chegar a roubar información privada dos usuarios, así coma mensaxes de texto, contactos ou outra información sobre o seu terminal.
 
Google Play xa tomou cartas no asunto e eliminou as 24 apps infectadas da súa tenda, pero todavía poden seguir instaladas en móbiles de usuarios de todo o mundo. Joker infectou xa terminais de máis de 30 países, incluíndo España. A solución máis segura é eliminar estas apps dos terminais.
 
A continuación, nomeamos as apps infectadas polo malware Joker :
 
Advocate Wallpaper
Age Face
Altar Message
Antivirus Security – Security Scan
Beach Camera
Board picture editing
Certain Wallpaper
Climate SMS
Collate Face Scanner
Cute Camera
Dazzle Wallpaper
Declare Message
Display Camera
Great VPN
Humour Camera
Ignite Clean
Leaf Face Scanner
Mini Camera
Print Plant scan
Rapid Face Scanner
Reward Clean
Ruddy SMS
Soby Camera
Spark Wallpaper
 
Fátima Faílde 
Asesora TIC SmartPeme

Fonte:  SmartPeme