Actualidade

« Atrás

Presentación SmartPeme Ponteareas

Data:  martes, 25 de outubro de 2016

O vindeiro luns 12 de decembro do 2016, as 10:00 horas, terá lugar a presentación da rede SmartPeme no Centro de Desenvolvemento Local (Lomba do Cruceiro, 5, Ribadetea), en Ponteareas.

Dona María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra, Don Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica e Don Xosé Represas Giráldez, alcalde de Ponteareas, presentaran os servizos que presta SmartPeme ao sector empresarial de Ponteareas.

SmartPeme é unha rede de asesores cualificados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) a disposición do tecido empresarial onde se presta un servizo de información e asesoramento presencial e personalizado de maneira gratuíta.

Así mesmo, o acto contará coa intervención do Xefe de Proxecto de SmartPeme, Jose Antonio Piñeiro, e do asesor TIC SmartPeme Francisco Lorenzo Castro, que afondaran en como a carteira de servizos SmartPeme pode axudar a mellorar o seu servizo, e resolveran as dubidas que poidan xurdir.

Para rematar, no caso de estar interesado nos servizos ofertados, trala xornada pode ter a súa primeira reunión individualizada con seu asesor TIC. Para iso, rogámoslle que solicite cita previa chamando ao 886 20 20 20, mediante correo electrónico (info.smartpeme@depo.es) ou indicándoo no formulario de inscrición.

Para asistir so é preciso inscribirse mediante este formulario.

 

10:00 - Apertura da Xornada

María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra

Xosé Represas Giráldez, alcalde de Ponteareas

10:15 - Presentación da carteira de servizos SmartPeme

José Antonio Piñeiro Sineiro, responsable da rede SmartPeme

Francisco Lorenzo Castro, asesor TIC

10:45 - Peche do acto de presentación

Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica

11:00 - Descanso

11:30 - Reunións con asociacións

12:30 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)

14:00 - Descanso comida

15:30 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento