Actualidade

« Atrás

Presentación SmartPeme en Pontevedra

Data:  xoves, 29 de setembro de 2016

O vindeiro xoves 6 de outubro de 2016 terá lugar a presentación da rede SmartPeme Pontevedra a nivel local. O evento realizarase ás 10:00 na Casa da Luz, na Praza da Verdura, en Pontevedra.

O acto reunirá á Presidenta da Deputación de Pontevedra María del Carmen Silva Rego, e ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que presentarán o esforzo de colaboración entre o concello de Pontevedra e a Rede SmartPeme para dar o mellor servizo posible ao sector empresarial de Pontevedra.

A continuación presentaranse cinco casos de éxito de empresas con alto contido innovador da provincia de Pontevedra. As empresas convidadas para estas presentacións serán Bioprana World, que ofrece solucións ecolóxicas no ámbito do tratamento de residuos orgánicos, CreAPPCuentos cuxo principal eixo é unha aplicación para IOS e Android coa que comparte nome, ImasV, empresa dedicada á creación audiovisual e Xeométrica, unha empresa local especializada na enxeñería métrica 3D.

O acto contará tamén coa intervención do Deputado Provincial Francisco Javier Dios Pomares e o Xefe de Proxecto de SmartPeme, José Antonio Piñeiro, que detallarán a carteira de servizos de SmartPeme.

O acto finalizará cunha pequena charla cos invitados, na que se discutirán as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías no eido empresarial.

Para asistir só é necesario inscribirse mediante este formulario.

Programa do evento:

v  10:00 h Presentación da rede SmartPeme Pontevedra

Ø  María del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación de Pontevedra

Ø  Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra

v  10:30 h Exposicións dos casos de éxito

v  12:00 h Presentación da Carteira de servizos Smart PEME

Ø  José Antonio Piñeiro, Xefe de Proxecto SmartPeme

Ø  Francisco Javier Dios Pomares, deputado de Promoción Económica

v  12:15 h Charla e cuestións aos invitados

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento