Actualidade

« Atrás

Presentación SmartPeme Cambados

Data:  martes, 08 de novembro de 2016

O vindeiro xoves 10 de novembro do 2016, as 10:00 horas, terá lugar a presentación da rede SmartPeme no centro ExpoSalnés (paseo da Calzada, s/n), en Cambados.

O evento emprazarase dentro das segundas Xornadas para Emprendedores do Concello de Cambados, que discorreran durante o xoves 10 e o venres 11 de novembro, nos que se ofreceran unha serie de talleres de formación para aqueles que desexen traballar dende o emprendemento no concello de Cambados.

Dona María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra, Don Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica e Doña Fátima Abal Roma, alcaldesa de Cambados, presentaran os servizos que presta SmartPeme ao sector empresarial de Cambados.

SmartPeme é unha rede de asesores cualificados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) a disposición do tecido empresarial onde se presta un servizo de información e asesoramento presencial e personalizado de maneira gratuíta.

Así mesmo, o acto contará coa intervención do Xefe de Proxecto de SmartPeme, Jose Antonio Piñeiro, e do asesor TIC SmartPeme José Luís Taboada, que afondaran en como a carteira de servizos SmartPeme pode axudar a mellorar o seu servizo, e resolveran as dubidas que poidan xurdir.

Para asistir so é preciso inscribirse mediante este formulario, indicando os eventos aos que se desexa acudir, e indicar no formulario se se desexa recibir un asesoramento personalizado.

Incluímos un programa con tódalas actividades das Xornadas para emprendedores do Concello de Cambados .

Programa do evento:

Xoves

10:00 - Apertura da Xornada

María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra

Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica

Fátima Abal Roma, alcaldesa de Cambados

10:15 - Presentación da carteira de servizos SmartPeme

José Antonio Piñeiro Sineiro, responsable da rede SmartPeme

José Luís Taboada, asesor TIC

10:45 - Peche do acto de presentación

Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica

11:00 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)

14:00 - Descanso comida

15:30 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)

16:00  Proyecto Formativo de Impulso e Motivación polo Emprendimiento Comercial no Concello de Cambados – Marketing Online

Jose Fonterosa, Formador en Grupo Arestora e Asesor de Internet para Pemes

21:00 Fin da xornada

Venres:

10:00 - Apertura da jornada

Fátima Abal Roma, alcaldesa de Cambados

Xurxo Charlín Trigo, Concelleiro de Promoción Económica

10:30  Proyecto Formativo de Impulso y Motivación por el Emprendimiento Comercial en el Concello de Cambados – Habilidades Sociales para el Empleo

Susana Rodríguez, Grupo Arestora, responsable Área UP+

14:30 Descanso xantar

16:00 Proxecto Formativo de Impulso y Motivación polo Emprendemento Comercial en el Concello de Cambados – Coaching para emprender

Susana Rodríguez, Grupo Arestora, responsable Área UP+

19:00 Xornada de emprendemento

Barbara Abal Valle, "Que fago da miña vida?"

Susana Loroño e Raquel Argibay, "Dalle que dalle", coworking Vilagarcia de Arousa

20:00 Presentación SmartPeme Cambados

José Luís Taboada, asesor TIC

21:00 Fin da xornada

Fonte:  SmartPeme



James Colleen
Publicado o día 30/08/21 9:40.
Astoria Lopez
Marry once said, "Michael, name at least twenty positive s words to describe your son," and he replied, "why the letter S?" Later, she explained that all the positive r words from the list were used to describe her children.
Publicado o día 30/05/23 19:41.