Actualidade

« Atrás

Presentación SmartPeme A Estrada

Data:  venres, 11 de novembro de 2016

O vindeiro xoves 1 de decembro do 2016, as 10:00 horas, terá lugar a presentación da rede SmartPeme no Museo do Moble e da Madeira (avenida Benito Vigo, 92-baixo), na Estrada.

Don Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica e Don José Carlos López Campos, alcalde de A Estrada, presentaran os servizos que presta SmartPeme ao sector empresarial estradense.

SmartPeme é unha rede de asesores cualificados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) a disposición do tecido empresarial onde se presta un servizo de información e asesoramento presencial e personalizado de maneira gratuíta.

Así mesmo, o acto contará coa intervención do Xefe de Proxecto de SmartPeme, Jose Antonio Piñeiro, e da asesora TIC SmartPeme Eliana Bouzas Collazo, que afondaran en como a carteira de servizos SmartPeme pode axudar a mellorar o seu servizo, e resolveran as dubidas que poidan xurdir.

Para rematar, no caso de estar interesado nos servizos ofertados, trala xornada pode ter a súa primeira reunión individualizada con seu asesor TIC. Para iso, rogámoslle que solicite cita previa chamando ao 886 20 20 20, mediante correo electrónico (info.smartpeme@depo.es) ou indicándoo no formulario de inscrición.

Para asistir so é preciso inscribirse mediante este formulario.

 

10:00 - Apertura da Xornada

Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica

José Carlos López Campos,  alcalde de A Estrada

10:15 - Presentación do servizo SmartPeme

José Antonio Piñeiro, responsable da rede SmartPeme

Eliana Bouzas Collazo, asesora TIC SmartPeme

10:45 - Peche do evento de presentación

Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica

11:00 - Descanso

11:30 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)

14:00 - Descanso comida

15:30 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)

Fonte:  SmartPeme



« Maio 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento