Actualidade

« Atrás

Presentación de SmartPeme no Concello de Mondariz

Data:  venres, 10 de marzo de 2017

Os vindeiros días 29 e 30 de marzo do 2017, as 20:30 horas, terá lugar a presentación da rede SmartPeme no Concello de Mondariz, na Biblioteca Municipal Xoán Xosé Pérez Labaca, Praza Merouces nº 11.

O día 29 participarán Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica e Ignacio Virel Sánchez, responsable do proxecto SmartPeme. Presentarán os servizos de SmartPeme para o sector empresarial de Mondariz, afondando en como a carteira de servizos SmartPeme pode axudar a impulsar os seus negocios e resolvendo as dubidas que poidan xurdir. Xa no día 30, o asesor de referencia, para as comarcas de A Paradanta e O Condado, acudirá ao Concello de Mondariz para realizar asesoramentos individualizados a todas as empresas que o soliciten.

SmartPeme é unha rede de asesores cualificados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) a disposición do tecido empresarial onde se presta un servizo de información e asesoramento presencial e personalizado de maneira gratuíta.

O principal obxectivo do proxecto é potenciar o desenvolvemento económico da provincia de Pontevedra mediante o impulso da produtividade e competitividade a través do mellor aproveitamento das TIC, das novas tecnoloxías e do comercio electrónico.

 

 

Orde do día 29 de marzo:

20:30 - Apertura da xornada

             Francisco Javier Dios Pomares, Deputado provincial de Innovación e Promoción Económica

20:45 - Presentación do servizo SmartPeme

             Ignacio Virel Sánchez, responsable da rede SmartPeme

21:15 - Peche do evento de presentación

             Francisco Javier Dios Pomares, Deputado provincial de Innovación e Promoción Económica

Orde do día 30 de marzo:

10:00 - Inicio de asesoramentos

14:30 - Descanso

16:00 - Reanudación dos asesoramentos

19:00 - Fin da xornada de asesoramentos

Fonte:  SmartPeme