Actualidade

« Atrás

Presentación da carteira de servizos SmartPeme para asociacións

Data:  xoves, 27 de outubro de 2016

O vindeiro día 4 de novembro realizarase no salón de actos do edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra (Avenida de Montero Ríos, s/n, 36071, Pontevedra) a presentación da carteira de servizos para asociacións de SmartPeme.

O acto comezará ás 9:30 horas coa intervención de María del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación de Pontevedra, que presentará aos asistentes as liñas principais dos servizos que a Rede SmartPeme ofrecerá ás asociacións.

A continuación intervirán José Antonio Piñeiro, Xefe de proxecto responsable da rede SmartPeme, e Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción económica, que presentarán a carteira de servizos xerais de SmartPeme e darán resposta as posibles dubidas que poidan xurdir entre os asistentes.

O evento, dirixido a asociacións empresariais e colexios profesionais, así como ás cámaras de Comercio, ten como obxectivo trasladar aos seus representantes a carteira de servizos que SmartPeme pon a súa disposición, como vía de colaboración para maximizar a utilidade do servizo para o tecido empresarial da Provincia.

Con este fito, a Rede SmartPeme avanza un paso mais no camiño emprendido para achegarse aos seus usuarios e adaptarse mellor ás súas necesidades, colaborando e buscando sinerxías con outros axentes clave da provincia.

Para acudir ao evento podes inscribirte mediante correo a info.smartpeme@depo.es ou chamando ao 886 20 20 20

Fonte:  SmartPeme