Actualidade

« Atrás

Por que debería usar Pinterest para a miña campaña de márketing turístico

Data:  martes, 06 de abril de 2021

Hoxe en día son tantas as redes sociais existentes que nunca sabemos cal elixir para representarnos nun mundo virtual e conseguir chegar a máis persoas seguidoras. Especialmente en turismo as imaxes representan o 90% do contido, entón Por que non elixir unha rede social que se basea especialmente nunha imaxe, consellos de persoas viaxeiras e descricións de recunchos espectaculares?
  
Numerosos estudos demostran que Pinterest é utilizada polo 40% das persoas viaxeiras para buscar inspiración de cal será o seu próximo destino. 
 
É por iso que primeiro debes saber cal é a xerga utilizada para sacarlle o máximo partido e sentirche unha persoa usuaria experta:
- Pin: Imaxes ou vídeos que compartes na túa conta de Pinterest.
- Taboleiro: Conxunto de Pins, adoitan estar organizados por temas ou contido.
- Repin: Agregar ao noso taboleiro imaxes doutras contas de Pinterest.
 
Como podo aproveitar o meu espazo en Pinterest se son unha persoa propietaria dun establecemento ou servizo turístico? Aquí deixámosche algunha das claves:
 
- Utiliza Pinterest como unha extensión da páxina web oficial do teu servizo.
- Crea taboleiros grupais para que os turistas que che visiten poidan publicar fotos da súa experiencia e, desta forma, conseguirás un maior vínculo entre ambos.
- Utiliza # Hashtags creados por ti e relacionados con turismo para chegar a unha maior audiencia.
- Segundo un estudo de Pew Research (2016) Pinterest é utilizado en gran maioría por mulleres. Por tanto, tenta adaptar a túa campaña de márketing cara a este xénero.
- Crea os teus propios taboleiros con  pins personalizados para facer máis fácil a procura ás túas persoas seguidoras.
- Utiliza  pins sobre consellos da cidade, comida típica, costumes ou festas tradicionais do destino que van visitar.
- As imaxes que utilices sempre teñen que ser en formato vertical para que queden encaixadas dunha forma máis visual no teu taboleiro.
- Tenta escribir a mellor descrición para as túas fotos para que sexa sinxelo e interesante para as túas persoas visitantes.
- Utiliza as palabra chave máis adecuadas para o teu sector e a túa empresa. Para iso podes utilizar a ferramenta de palabras chave que utiliza Google Adwords. 
- Enlaza o teu perfil de Pinterest cara a outras plataformas como: Instagram, Facebook, a web da empresa, Google, o teu blogue… etc.
- Busca persoas usuarias en Pinterest que ofrezan un servizo similar ao teu para comparar que cousas deberías mellorar na túa estratexia  de comunicación.
- Elixe nomes para os teus taboleiros onde describas dunha forma rechamante que é o que poden atopar dentro del e que anime á persoa usuaria a facer  click. 
- Utiliza esta rede social para humanizar a túa marca e tentar achegarche máis ás túas persoas usuarias co fin de coñecer os seus gustos.
 
Todas as empresas turísticas deberían aproveitar Pinterest para inspirar a futuras persoas viaxeiras a realizar esa experiencia soñada no seu establecemento, mostrarlle nosas mellores ofertas ou sacar as mellores imaxes das súas viaxes para posteriormente poder subilos ao noso taboleiro grupal.
 
En Smartpeme podemos axudarche a configurar e poñer a punto esta rede social para o teu negocio! Non dubides en pedirnos información.
 
Mariana Rosa 
Asesora TurisTIC
 

Fonte:  SmartPeme