Actualidade

« Atrás

Podemos dixitalizar as nosas facturas para que teñan validez fiscal?

Data:  martes, 23 de xuño de 2015

El certificado digital en la gestión documental

A actividade comercial das empresas, a xestión de documentos e a facturación xeran unha cantidade elevada de papel ó día que acaba sendo almacenada nos arquivadores A-Z durante anos. Por iso, unha das solucións que expoñemos é a adquisición dun xestor documental intelixente que estea homologado para a dixitalización certificada.

Quizais a xestión documental poida ser ese gran descoñecido que nos facilite o traballo e achegue grandes beneficios á nosa empresa en valores de tempo e diñeiro.

A idea principal destas solucións é ter todos os nosos documentos centralizados e accesibles desde todas as localizacións.

Se formas parte desas empresas que teñen varias sedes ou pequenas delegacións repartidas en diferentes localizacións, desde logo adquirir unha solución deste tipo evitaranos calquera imprevisto canto ós procedementos ou xestións que realicemos.

El certificado digital en la gestión documental factura digital

A inmensa cantidade de documentos, algúns de carácter legal e fiscal, xerados polas empresas ou autónomos é constante, polo que sería moi interesante valorar a posta en marcha dun xestor documental que estea homologado para a dixitalización certificada. 

A posibilidade de ter eses documentos con valor fiscal para o caso das facturas en formato dixital abre un abano de opcións de xestión de gran valor para os empresarios ou autónomos.

As solucións de xestión documental engaden máis valor se cabe a poder personalizar patróns para a facturación electrónica totalmente integrada e aforrar moitísimo tempo na creación de facturas tanto emitidas como recibidas.

Os xestores documentais traballan con información sensible e datos privados que, como tal, deben estar certificados para cumprir as máis altas esixencias en termos de privacidade. Dous dos seus puntos máis fortes son, por unha banda, os accesos a nivel de usuario, é dicir, crear espazos privados con privilexios de accesos a cartafoles ou documentos concretos e, por outro, a capacidade de encriptar información sensible de maneira automatizada a través de sinxelos workflows totalmente personalizables en base ás esixencias e políticas da empresa.

Os softwares de xestión documental intelixente poden integrarse de maneira sinxela dentro das aplicacións existentes e reducir o impacto á hora de importar novas funcionalidades.

A idea da xestión documental é converter a nosa empresa nunha oficina sen papeis e así contribuír de maneira positiva á mellora do ambiente. A que empresa non lle gustaría poñer un selo de calidade?

A xestión documental é case obrigatoria, en bufetes de avogados, xestorías ou calquera outra entidade que xere moitísimo documento dixital, en papel ou mesmo unha cantidade elevada de correos  electrónicos.

Os algoritmos que posúen estes softwares de xestión documental permítennos atopar documentos en fraccións de segundo nunha inmensa cantidade de documentos, polas súas palabras contidas ou a través de metadatos.

As vantaxes da xestión documental son moitas. Entre elas cabe destacar as mencionadas: rapidez, organización e seguridade; ás que se engadirían control de cambios, de revisións, creación de índices e integración con outros programas de xestión.

Para a certificación dixital de facturas é necesario que o noso xestor documental estea homologado pola Axencia Tributaria e que outorgue ós arquivos dixitais de validez fiscal.

Se a nosa solución cumpre as esixencias destes organismos poderemos proceder á destrución do papel e así aforrar espazo.

Desde o punto de vista funcional a incorporación dun xestor documental nunha empresa non debería supoñer máis dun mes de implantación, onde o proceso de dixitalización sería diario e continuo de maneira automatizada.

Un saúdo

Pablo Sabell

Fonte:  CPAE