Actualidade

« Atrás

Participantes VI Aceleradora de Empresas do Sector Turístico

Data:  mércores, 13 de decembro de 2023

O 14 de decembro dará comezo a VI Aceleradora de Empresas do Sector Turístico, desenvolto polo servizo SmartPeme da Deputación de Pontevedra. Esta sexta edición ten como propósito impulsar aqueles proxectos ligados ao sector turístico que desexen reorientar ou poñer en marcha a súa actividade.
 
A aceleradora conta con dúas fases complementarias. Por unha banda, o desenvolvemento de actividades de capacitación, compostas por distintos obradoiros enfocados ás necesidades do sector turístico, como son a elaboración dun plan de empresa, creación e difusión dunha marca turística, motores de reservas… entre outros.
 
A segunda fase consistirá na mentorización, que consta de sesións de traballo individualizadas con persoas asesoras expertas en turismo, competitividade empresarial, novas tecnoloxías e imaxe dixital (todas elas adaptadas ás necesidades de cada proxecto).
 
As distintas actividades formativas da VI Aceleradora de Empresas do Sector Turístico executaranse ata 16 de febreiro do 2024.
 
Unha vez realizado o proceso de selección, tendo en conta a información achegada polas persoas interesadas, así como a súa memoria do proxecto e declaración de dispoñibilidade, e de acordo cos criterios para aplicar na selección das persoas participantes na VI Aceleradora de Empresas do Sector Turístico, 8 proxectos foron os elixidos a formar parte desta aceleradora:
 
Arturo Lorenzo García – NACAMAR (Baiona)
O obxectivo deste proxecto é a recuperación dun inmoble protexido mediante a posta en marcha dun establecemento hostaleiro. Dito edificio está incluído dentro do conxunto Ben de Interés Cultural, Vila de Baiona e onde entre 1957 e 2006 confeccionábanse artigos de bixutería a partir de cunchas mariñas. Preténdese desestacionalizar o turismo potenciando as enormes posibilidades da contorna.
 
Elida Rey Vaca – ENXEBREWORLD (Vilagarcía de Arousa)
 
O proxecto consiste nun blogue adicado ao sector turístico, onde se publican artigos de lugares interesantes para visitar, sobre todo dentro da comunidade de Galicia.
 
Sabela Gippini Ruiz – Galiwonders (Pontevedra)
 
Galiwonders é unha axencia de viaxes en liña especializada no Camiño de Santiago, que ofrece experiencias únicas e personalizadas para peregrinos de todo o mundo. A empresa destácase polo seu compromiso coa calidade, a autenticidade e a atención personalizada en cada viaxe.
 
Patricia Cortizo Cruz – Hotel Bienestar Moaña (Moaña)
 
Este proxecto consiste na mellora interna do Hotel Bienestar Moaña, co obxectivo de proporcionar aos hóspedes una experiencia única de benestar e luxo na contorna da Ría de Vigo.
 
Marcos Sánchez Area – É Restaurantes (Pontevedra)
 
O proxecto consiste en ofrecer unha experiencia gastronómica distinta con un coste accesible, utilizando productos de proximidade, obtidos a través de minoristas e dando oportunidade a xéneros que non se encontran incluídos nas tendencias gastronómicas actuais.
 
Ángeles Paz Quintas – Axencia de viaxes REKUNCHOS (Nigrán)
 
Rekunchos é unha axencia de viaxes que proporciona aos seus clientes a experiencia de descubrir e conocer a riqueza cultural, tradicional e gastronómica dos pequenos pobos rurais da rexión.
 
Elena Vitoria Alonso – SALMOIRA (Pontevedra)
 
Salmoira recupera para o turismo todo o patrimonio gastronómico, cultural e natural que a industria da salgadura deixou nas nosas costas. O seu principal obxectivo é a creación dun novo tipo de turismo gastronómico: o turismo de sal.
 
Sonia Márquez Prado – This is Galicia (Tomiño)
 
This is Galicia ofrécese como a única Axencia de Viaxes especializada en atopar o plan perfecto para os viaxeiros por medio dun proceso innovador de coñecemento das necesidades do cliente e adaptando cada viaxe á persoa que o vai desfrutar.
 
 

Fonte:  SmartPeme



 

« Febreiro 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento