Actualidade

« Back

Participantes II Programa de Crecemento Empresarial no Viveiro de Empresas de Lalín

Fecha:  Wednesday, 13 de December de 2023

O pasado 5 de decembro deu comezo o II Programa de Crecemento Empresarial no Viveiro de Empresas de Lalín, realizado polo servizo SmartPeme da Deputación de Pontevedra. Este programa nace co obxectivo principal de dar apoio na creación de proxectos de emprendemento e nas súas fases máis temperás.
 
Esta edición terá como obxectivo impulsar aqueles proxectos que comezaron a súa actividade recentemente ou que buscan ser consolidados no mercado no que operan.
 
O Programa conta con dúas fases. Por unha banda, o desenvolvemento de actividades grupais de capacitación, compostas por distintos obradoiros enfocados na creación dun plan de empresa, márketing dixital, web, desenvolvemento de habilidades empresariais, finanzas… entre outros.
 
A segunda fase consistirá na mentorización, que consta de sesións de traballo individualizadas con persoas asesoras expertas en emprendemento, novas tecnoloxías e imaxe dixital (todas elas adaptadas ás necesidades de cada proxecto).
 
As actividades do II Programa de Crecemento Empresarial executaranse ata o 15 de febreiro.
 
Unha vez realizado o proceso de selección, tendo en conta a información achegada polas persoas interesadas, así como a súa memoria do proxecto e declaración de dispoñibilidade, e de acordo cos criterios para aplicar na selección dos participantes no II Programa de Crecemento Empresarial no Viveiro de Empresas de Lalín, 6 proxectos foron os elixidos que pasan a formar parte deste Programa:
  • Amarelas: é unha empresa de economía social, que ama a natureza e o patrimonio galego, e por iso, queren compartir o valor da Terra con turistas e locais. O seu obxectivo é establecerse como un referente do turismo sostible e creativo, contribuíndo activamente ao desenvolvemento local e promovendo prácticas turísticas éticas e respectuosas.
  • Plazeite: Este proxecto representa o negocio físico da venda de aceite a granel, cunha localización física na Plaza de Abastos de Lalín. 
  • Ecos da Comarca: Ecos da Comarca nace da falta dun medio de comuniación local ao servizo da xente dos pobos pequenos. O que busca é dar voz a todos aqueles sucesos de interese das pequenas localidades, tales como os concellos de Santiso, Toques, ou os da Ulloa.
  • Viralatas Petshop: Ofrece produtos de alimentación, suplementos, descanso, paseo e xoguetes para mascotas. O enfoque destes produtos é o de promover o seu benestar apostándose por produtos de alta calidade minuciosamente seleccionados. Por un lado, promóvese un enfoque natural (materias primas sen cereais, sen conservantes sen subprodutos etc) na tendencia do "real food" humano e, en canto a xoguetes e material de paseo, teñen un claro compoñente de desenvolvemento sensorial.
  • EVENTOS WORK: é unha  organizadora de eventos networking gastronómicos que adquiriu unha determinada relevancia na zona do Deza. Proba disto, é que xa está inmersa na organización da terceira edición do Work Cocido Lalín.
  • Seniors Activos del Rural (=SARLA): Seniors Activos del Rural (=SARLA) é un proxecto que consiste en reforzar a lonxevidade activa no rural galego, co obxectivo de que as persoas maiores desenvolvan o seu coñecemento sobre as novas tecnoloxías, coñezan a importancia que ten a formación, a cultura e as tradicións, e teñan apoios interxeracionais e entre pares.
 
 
 
 
 
 

Fuente:  SmartPeme