Participantes II Aceleradora Multisectorial de Empresas SmartPeme - Actualidade
Actualidade
Participantes II Aceleradora Multisectorial de Empresas SmartPeme
Data: martes, 06 de xuño de 2023
O 6 de xuño dará comezo a II Aceleradora Multisectorial de Empresas SmartPeme, desenvolta polo servizo SmartPeme da Deputación de Pontevedra. Esta segunda edición ten como propósito prestar apoio e guía na mellora e optimización dos recursos das empresas mediante a incorporación de novas tecnoloxías.
A aceleradora conta con dúas fases complementarias. Por unha banda, a aceleradora consistirá na mentorización, con sesións de traballo individualizadas da man de persoas asesoras expertas en competitividade empresarial, novas tecnoloxías e imaxe dixital (todas elas adaptadas ás necesidades de cada proxecto). Doutra banda, o desenvolvemento de actividades de capacitación, compostas por distintos obradoiros.
As actividades da II Aceleradora Multisectorial de Empresas executaranse ata o 18 de xullo e realizaranse en formato en liña. A programación prevista é a seguinte:
Unha vez realizado o proceso de selección, tendo en conta a información achegada polas persoas interesadas, así como a súa memoria do proxecto, na II Aceleradora Multisectorial de Empresas Smartpeme, 8 proxectos foron os elixidos que pasan a formar parte desta Aceleradora.
- Pequenanos: Proxecto cuxo obxectivo é captar a clientes que estean interesados nos produtos artesanais, que poñan en valor os detalles dun produto feito a man. Pequenanos busca personalizar e vender algo único.
- ElbaQR: O obxectivo do proxecto "elbarQR" é proporcionar á clientela unha forma conveniente e eficiente de realizar pedidos e solicitar servizos en establecementos de comida e bebida a través do teléfono móbil.
- Luminar Fotografía: Ofrece servizos de fotografía e vídeo de alta calidade a persoas arquitectas, interioristas, hoteis, empresas e persoas emprendedoras para a súa web, redes sociais, revistas e porfolio de produtos.
- Habla y convence: Os Obxectivos primordiais de "Habla y convence", é asesorar a empresas públicas, privadas e persoas profesionais, para que poidan cubrir as súas necesidades de adaptación, comunicación e negociación corporativa, respectando os usos e costumes de cada cultura, antes, durante e posteriormente ao lugar onde residan.
- Galaicotec: Este proxecto ofrece solucións informáticas e de desenvolvemento web de vangarda, centrándose na creación dunha aplicación de xestión empresarial integral. Busca proporcionar ás empresas as ferramentas necesarias para xestionar eficientemente as súas operacións, maximizar a súa produtividade e tomar decisións informadas baseadas en datos.
- Rangers Academy: Centro onde se ofrece un servizo de clases de inglés personalizadas e deseñadas para un máximo de 5 persoas alumnas por sesión. Enfócase en adaptar o contido ás necesidades individuais de cada persoa estudante, brindando unha experiencia de aprendizaxe altamente efectiva e innovadora.
- Stored Teller: O obxectivo deste proxecto é diminuír e/o esgotar o produto almacenado e non vendido no comercio téxtil. pretende ser a plataforma de compra-venda dese inventario orfo. Ser o intermediario e o medio para os retallistas do sector téxtil.
- Smartvets S.L: Esta proposta de negocio vai enfocada no desenvolvemento dunha App dixital para ofrecer servizos sanitarios e de benestar en liña ás mascotas e ao desenvolvemento dun concepto de tenda física que integre estes mesmos servizos nun ambiente sostible.
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Setembro 2023 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- SEO para e-commerce: Posiciona a túa tenda en liña en Google27 de setembro de 2023 12:00Máis información
- Redacta os textos da túa web ou tenda en liña para posicionarche en Google27 de setembro de 2023 17:00Máis información
- CHAT GPT e Stable Diffusion, aprende o seu funcionamento II28 de setembro de 2023 12:00Máis información
- WhatsApp Business para alugueiro vacacional28 de setembro de 2023 17:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing02 de outubro de 2023 10:30Máis información
- Optimiza a túa canle de YouTube04 de outubro de 2023 11:00Máis información