Actualidade

« Atrás

Para apoiar a creación de novas empresas desde o talento emprendedor a Xunta de Galicia súmase á aceleradora de empresas do consorcio achegando a través de Gain e Xes Galicia 250.000 euros a fondo perdido e 500.000 en préstamos participativos

Data:  mércores, 02 de xullo de 2014

O programa de apoio e asistencia a emprendedores do Consorcio da Zona Franca, "ViaVigo", convértese na aceleradora de empresas máis potente de toda España ó destinar ós dez proxectos seleccionados na súa segunda convocatoria un capital de 1.250.000 euros entre capital semente e achegas a fondo perdido mais outros 250.000 euros en gastos de formación e consultoría. Este é o resumo da rolda de prensa que deron esta mañá a delegada Teresa Pedrosa, Manuel Varela, director da Axencia Galega de Innovación, Juan Cividanes, director de XES Galicia e Pedro Núñez, director de Vigo Activo SCR, durante a que presentaron o acordo de participación da Xunta de Galicia na aceleradora do Consorcio e na que se anunciou a ampliación do prazo de presentación de ideas ata o 31 de xullo. 


"Este convenio de colaboración e esta importantísima achega de capital que a Xunta de Galicia vai facer nos proxectos de ‘ViaVigo' é a materialización do compromiso de cooperación que asumimos o conselleiro de Economía e mais eu na súa pasada visita de abril ó centro de negocios de Porto do Molle. Podo afirmar sen ningún tipo de rubor que logramos que ‘ViaVigo' se converta na mellor e máis potente aceleradora de empresas de España", afirmou esta mañá Teresa Pedrosa.

 

Segundo explicou Manuel Varela, director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), esta colaboración entre a Xunta de Galicia e a Zona Franca para impulsar o talento emprendedor materialízase na achega de capital que recibirán os dez proxectos que superen as fases de selección desta convocatoria de "ViaVigo" e entren na aceleradora para coadxuvar á súa saída ó mercado. Así, cada proxecto poderá recibir ata 25.000 euros a fondo perdido achegados por GAIN e a maiores –como comentou Juan Cividanes– ata 50.000 euros máis de préstamo outorgado por XES Galicia e ata outros 50.000 euros máis de capital semente a través da sociedade de capital-risco do Consorcio, Vigo Activo SCR.

 

Como sinalou Pedrosa, ademais do capital os activos intanxibles son a parte máis importante da aceleradora, "porque en ‘ViaVigo' dáselles soporte e asistencia a emprendedores e a empresas que se achen na súa fase inicial a través dun completo programa de aceleración para o desenvolvemento que dura un ano, durante o que se lles proporcionan formación, tutorías, mentoring, ferramentas de traballo en equipo, aloxamento e asesoramento intensivo co obxectivo de que as ideas de negocio saian ó mercado o suficientemente preparadas para chegar a ser empresas de éxito" dixo a delegada. Esta preparación, que deseña e asume na súa totalidade a Zona Franca, cuantificouse en arredor duns 25.000 euros por empresa.

 

"ViaVigo" é unha aceleradora de empresas e emprendedores deseñada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo que ten aberto o prazo de presentación de ideas da súa segunda convocatoria e á que desde hoxe se suma a Xunta de Galicia para facilitar a creación de novas empresas que diversifiquen o tecido produtivo da comarca. Dada esta nova participación de GAIN e XES Galicia, o equipo promotor decidiu darlles máis facilidades e ampliar o prazo de inscrición de proxectos á segunda convocatoria de "ViaVigo" ata o 31 de xullo. Á primeira edición presentáronse 131 ideas de negocio de todo tipo de sectores, das que finalmente dez xa están a piques de terminar a súa fase de aceleración cun nivel de satisfacción altísimo. A inscrición a través da páxina web de "ViaVigo" non ten ningún custo e, como dixo Pedrosa, "dos emprendedores só requirimos tempo, dedicación e traballo duro".

 

Pedro Núñez animou a todas as persoas "que teñan un proxecto que crean poder converter en empresa ou un negocio que queiran levar a outro nivel a que accedan a este programa, a que entren en viavigo.es e se inscriban antes do 31 de xullo".

 

Nota de prensa 

27/6/2014 

 

http://www.zonafrancavigo.com/red/index.php?id=745&option=com_content&task=view&Itemid=237&idioma=gl&idth311=222

Fonte:  http://www.zonafrancavigo.com/



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento