Actualidade

« Atrás

Oriol Lloret (Telefónica) e Alexis Batlle (Avuxi) falan sobre macrodatos (big data)

Data:  luns, 11 de agosto de 2014

Oriol Lloret, xefe da área de Innovación Temperá e Tecnoloxías Emerxentes en Telefónica Dixital, e Alexis Batlle, CEO e cofundador de Avuxi, mantiveron unha interesante conversa sobre qué son macrodatos e os beneficios que poden achegar ás empresas emerxentes e ás súas propias empresas.

Segundo as palabras do propio Oriol Lloret, o mundo require expertos en macrodatos que analicen as "tres 'V' existentes" no paradigma tecnolóxico actual: variedade, velocidade e volume. "Telefónica manexa un gran volume de datos, pero necesita empaquetar correctamente esa información para ofrecerlla a terceiros", asevera Lloret.

A empresa Avuxi emprega macrodatos para coñecer cales son os lugares máis apreciados polas persoas. A compañía procesa grandes cantidades de datos extraídos de redes sociais e outras fontes e mediante mapas de calor reflicte cales son os lugares do mundo mellor considerados polos usuarios. Avuxi dispón ademais dunha aplicación (só para iOS) que mostra calquera zona do planeta con mapas de cor para saber que lugares son máis queridos e populares.

A simbiose entre telefónica e Avuxi é moi positiva a nivel de datos, de negocio e de innovación. Grazas ó acordo Avuxi poderá saber non só que zonas do mundo son máis populares, senón tamén para qué xente e en qué momento. Os grandes negocios tamén se verán moi beneficiados. Por exemplo, unha empresa que queira distribuír as súas máquinas expendedoras nunha determinada cidade saberá exactamente cales son os mellores puntos para situalas

A análise de macrodatos, crucial para entender o comportamento do consumidor

Segundo estudos de Google e Adobe, de cada 100 visitas que recibe un portal de reservas hostaleiras e apartamentos, só entre 2 e 3 usuarios acaban comprando. Iso significa que aproximadamente o 97 % dos seus visitantes abandonan o sitio antes de realizaren a compra. Seguramente, o usuario cada vez necesita informarse máis antes de completala. A información crucial que fai que o visitante se decida é se unha zona é céntrica, se hai ambiente arredor, se poderá visitar atraccións turísticas, onde están os bos restaurantes, etc. Todos eses factores non se adoitan mostrar de maneira clara e obxectiva nos buscadores actuais e por iso o cliente potencial migra en busca de máis información.

Mediante a análise de macrodatos é posible facilitar esa información decisiva no mesmo portal e incrementar as conversións (compras) nun 20 % ou 30 %. Considerando que esta industria actualmente xera 200.000 millóns de euros anuais, un pequeno incremento no cociente de conversión repercutiría cun incremento do ingreso do portal moi considerable. Aquí é onde entra a empresa Avuxi, sinalando qué lugares son populares e por qué razóns.

http://cincodias.com/cincodias/2014/07/24/tecnologia/1406205507_480509.html

Fonte:  http://cincodias.com