Actualidade

« Atrás

Optimización web

Data:  mércores, 05 de xullo de 2017

Falabamos hai un tempo da importancia de coidar o deseño da nosa web para facilitar que cumpra a súa función comunicativa. Centrámonos entón no concepto de usabilidade web, pero mencionamos tamén a importancia de atender á súa navegabilidade.
A navegabilidade é a facilidade con que un usuario pode desprazarse polas páxinas que compoñen un sitio web e está moi relacionada cos tempos de carga percibidos polo usuario. Os tempos de carga son unha métrica extraordinariamente importante, pois se estima que arredor  ao 60% dos usuarios de móbiles abandonan directamente a web se tarda máis de 3 segundos en cargar.
Faise por tanto esencial prestar atención á optimización da velocidade da web, algo respecto do que Google ofrece unha serie de recomendacións. Entre elas destacamos as seguintes:
 
1. Comprensión de arquivos HTML e CSS empregando Gzip: pode reducir entre un 50 e un 70% o tamaño do arquivo. Isto tradúcese en menor tempo de carga e menor ancho de banda consumido polo servidor.
 
2. Almacenamento de arquivos en caché,o que aforra tempo de carga a un visitante recorrente.
 
3. Eliminación de redireccións non estritamente necesarias.
 
4. Imaxes. Comprensión de imaxes e emprego de arquivos jpg para fotos e ilustracións, png para fondos web, iconas ou gráficos e gif para imaxes con animacións, gráficos sinxelos ou de tamaño reducido. Evitar arquivos BMP ou TIFF
5. CSS. Empregar unha soa folla de estilo, instrucións CSS curtas nas etiquetas de estilo para o contido superior (emprego de ferramentas como CSS Drive), non engadir liñas CSS en HTML (elementos DIV´s ou H1´s).
 
6. JavaScript. Para evitar que os arquivos JavaScript retarden a carga web (bloqueo visualización do contido superior dunha páxina), aqueles que sexan necesarios para este cometido deben estar no código HTML mentres que o que se empregue para outras funcionalidades debe executarse a posteriori.
 
7. Estruturar a web de xeito que ao servidor lle sexan subministrados os datos que precisa para amosar o contido máis importante da páxina e retardar o resto.
 
8. Reducir tamaño suprimindo espazos, sangrías e saltos de liña.
 
9. Mellorar o tempo de resposta do servidor: acelerar o tempo de resposta (ex: empregar NGINX no canto de Apache) ou aumentar os recursos (ex: maior almacenamento, memoria e potencia de procesamento; optimización das páxinas web para que o servidor teña menos carga de traballo, melloras no hosting...
 
Podemos apoiarnos en diversas ferramentas;  Dareboost para medir o tempo de carga web; Navflow que nos indica como os visitantes dunha web navegan por ela ou Protofluid que permite probar a web en diferentes tamaños e dispositivos.
 
Hai outras especificacións a resaltar: contido de calidade, actualización frecuente, emprego dun deseño "responsive", que se adapte a calquera dispositivo... pero convén non por iso non esquecer as cuestións máis técnicas, antes sinaladas, pero igual de relevantes.

Fonte:  SmartPeme