Actualidade

« Atrás

Mellora a comunicación coa clientela do teu aloxamento con WhatsApp

Data:  venres, 23 de outubro de 2020

 
WhatsApp é unha das aplicacións móbiles máis populares no noso país e a plataforma de mensaxería móbil máis utilizada. A clientela do noso hotel, aloxamento vacacional ou casa rural ten sempre a man os seus smartphones e enténdese por tanto que queiran a opción de mensaxearse co persoal a través de WhatsApp. Esta aplicación facilita a comunicación co aloxamento de forma simple e rápida tal e como podemos falar con familiares e amigos. Como empresa, debemos estar presentes nas canles nos que a nosa clientela espera atoparnos. 
 
Para os aloxamentos, a comunicación coas persoas hóspedes é un elemento clave que se produce antes de que cheguen, durante a súa estancia e despois de que se foran. Ter un único punto de contacto para cada paso desa experiencia é importante e logralo mellorará a satisfacción da clientela. Estas son algunhas ideas para mellorar a súa satisfacción utilizando WhatsApp:
 
Enviar unha mensaxe de benvida 
 
Nesta mensaxe inicial, pode ser unha boa idea proporcionar información práctica sobre a estancia, como os horarios de rexistro de entrada, a nosa política sobre mascotas ou os lugares de interese para visitar. Isto pode axudar a causar unha boa primeira impresión e xerar confianza na nosa dispoñibilidade e boa atención. 
 
A comunicación é a clave para brindar o tipo de experiencia excelente que xera críticas positivas e fideliza.
 
Con esta nova canle, as empresas turísticas poden orientar a súa comunicación á clientela enviando notificacións, recordatorios e alertas con conversacións personalizadas.
 
Incentivar as vendas
 
Unha vez que se creou a conversación de WhatsApp e a clientela estea segura da nosa dispoñibilidade e dos seus plans de viaxe, pódese tentar mellorar aínda máis a súa experiencia. Podemos utilizar algúns dos nosos servizos, actividades de lecer e outras ofertas que as persoas usuarias teñen á súa disposición e utilizar esta canle para realizar vendas adicionais.
 
Aínda que as vendas adicionais benefician ao noso aloxamento, debido a que podemos aumentar os ingresos, os servizos adicionais que ofrecemos poden tamén beneficiar ás persoas usuarias e mellorar a súa experiencia. 
 
Tendo isto en conta, é importante que utilicemos a canle de comunicación de WhatsApp con prudencia e respectemos sempre a privacidade da clientela e identifiquemos os momentos oportunos.
 
Comunicarse informalmente
 
Aínda que a tecnoloxía de chatbot popularizouse para a comunicación en hoteis e outros aloxamentos, unha das principais vantaxes de WhatsApp é a oportunidade de ofrecer un toque humano e comunicarnos dunha forma máis informal, directa e persoal.
 
Con esta aplicación, as persoas hóspedes poden enviar mensaxes e recibir respostas case instantáneas de todas las personas integrantes do noso persoal. Isto significa que poderán facer calquera pregunta que teñan sobre o aloxamento, os servizos que ofrecemos e outros aspectos da súa estancia, sen necesidade de baixar a recepción ou facer unha chamada telefónica.
 
Ademais, WhatsApp permite que lles enviemos imaxes, o que pode mellorar as comunicacións ou mesmo enviar documentos importantes.
 
Xestionar as recensións
 
WhatsApp tamén pode axudarnos a mellorar a xestión de recensións. Recibir unha mala opinión na internet pode ter un efecto negativo na reputación en liña de calquera aloxamento, o que podería facer que outras persoas non reserven, pero dispoñer dunha canle directa coa clientela durante e inmediatamente despois da súa estancia pode axudar a evitar que isto ocorra.
 
Unha das formas de facer isto é utilizar WhatsApp para enviar automaticamente unha enquisa de satisfacción ás persoas aloxadas ao final da súa estadía, antes de que realicen o rexistro de saída. A resposta á enquisa do noso aloxamento pode permitirnos anticipar como a persoa hóspede pode falar sobre o noso aloxamento con outras persoas e que pode dicir respecto diso na internet.
 
Sen dúbida, a mellor estratexia de administración de recensións é asegurar que a nosa clientela teña unha estancia agradable na que ofrezamos un servizo excelente. Con todo, no caso de que recibamos unha valoración negativa na resposta á enquisa, podemos tentar corrixir desconformidades ou mellorar a súa experiencia, debido a que aínda non abandonou as instalacións. Isto podería marcar a diferenza entre unha recensión negativa na internet ou non.
 
Outras características para lembrar de WhatsApp e das que podemos sacar proveito para a nosa empresa turística son:
 
  • Calquera persoa usuaria pode atopar no noso perfil de empresa información relevante como páxina web, localización e contacto.
  • Con esta ferramenta podemos enviar mensaxes de ausencia ou peche de tempada.
  • Podemos utilizar WhatsApp desde calquera computador, non só desde un teléfono móbil.
  • Podemos vincular o perfil de WhatsApp Business á nosa páxina de Facebook.
 
WhatsApp ofrece moitas outras posibilidades máis que desde Smartpeme estaremos encantados de presentarche para que poidas sacar todo o partido a esta ferramenta tan áxil e útil na xestión da túa empresa turística. Igualmente manterémosche ao día sobre novidades e futuras actualizacións da aplicación como a posibilidade de realizar pagos a través da mesma, o que sen dúbida vai supoñer unha revolución nos pagos sen contacto.
 
Sonia Torres.
Asesora TurisTIC
 

Fonte:  SmartPeme