Actualidade

« Atrás

Medios de pago con dispositivos móbiles

Data:  martes, 13 de decembro de 2016

A evolución da tecnoloxía, e especialmente o avance dos teléfonos móbiles coa chegada dos smartphones, ten cambiado notablemente os usos e costumes en canto ao consumo de información, ó acceso a diferentes servizos e ferramentas como redes sociais, e tamén, por suposto, na forma de pago en establecementos.

Se fai uns poucos anos –antes da chegada dos teléfonos intelixentes- nos dixesen que pagar unha compra co noso móbil seria sinxelo rápido e fiable, tomariámolo como unha mais das intencións de trasladar a ficción das películas a realidade, mais un desexo que algo factible.

Pese a que as tarxetas de crédito continúan sendo o método maioritario de pago xunto co efectivo, os medios de pago a través do telefono móbil han evolucionado de tal maneira que hoxe en dia e perfectamente posíbel pagar co sinxelo xesto de achegar o noso telefono ao tpv en case o 70% dos establecementos de España.

O uso da tecnoloxía NFC nos novos teléfonos móbiles e a súa rápida adopción tamén por parte do sector bancario, teñen permitido que a día de hoxe unha amplía maioría dos dispositivos involucrados neste tipo de transaccións (smartphones por un lado e tpv's por outro) estean preparados para beneficiarse de esta tecnoloxía Contactless. É a tendencia é moi positiva, polo que vernos achegando o móbil a un tpv para realizar as nosas compras será un xesto do mais habitual en non moito tempo.

Ata o de agora temos visto o uso do móbil como un medio de pago, pero dende un punto de vista mais tradicional, é dicir, empregando o noso teléfono como se unha tarxeta de crédito se tratara (tamén as actuais inclúen tecnoloxía NFC, polo que só é preciso pasala por encima do TPV sen sequera sacala da carteira).

Pero o pago a través de dispositivos móbiles vai mais ala, é unha das súas vertentes mais atractivas é o uso de aplicacións no noso SmartPhone. Co respaldo de entidades bancarias detrás destas aplicacións e o seu sinxelo uso, hoxe en día é habitual que moitas das operacións mais cotiáns as fagamos dende a APP do noso banco.

Pero a banca ten dado un paso mais ala, e deseñado unha plataforma común para a maioría das entidades. Esta aplicación, denominada Bizum, esta pensada para realizar todo tipo de pagos en comercios, entre amigos con diferentes móbiles, ou pagos xerais en internet. Esperase que se converta nun estándar ao ser ofrecida pola maioría dos principais bancos do pais, e posteriormente, polo resto de entidades.

Esta nova fórmula de pago ten un funcionamento moi sinxelo: dende a aplicación web do teu banco, descargas a aplicación, que quedara instalada no teléfono móbil. A aplicación lera a túa axenda de contactos e xerara unha lista de "amigos", tamén usuarios de Bizum. Despois so teremos que indicar que conta bancaria queremos empregar para realizar os pagos.

Enviar unha transferencia a un "amigo" resulta tan doado como enviar unha mensaxe, simplemente indicando o importe, o concepto e premendo enviar o diñeiro é transferido e recibido instantaneamente polo receptor.

A gran vantaxe de Bizum é que tratase dunha plataforma que fai compatibles tanto os pagos entre os diferentes bancos como entre os diferentes operadores móbiles.

O que fai uns anos soaba a utopía ou ciencia ficción xa esta aquí, e chegou para quedarse.

Para quedarse e crecer.

Andrés Carrera

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento