Actualidade

« Atrás

Márketing de influencers para o meu negocio

Data:  venres, 23 de setembro de 2022

 
O márketing de influencers baséase nunha estratexia que se enfoca en usar perfís relevantes nas redes sociais, cun gran número de persoas seguidoras, para impulsar a mensaxe dunha marca ou promocionar determinados produtos. Estes perfís poden ser desde figuras notorias en Instagram e Youtube, persoas de carácter público ou calquera con moitas persoas seguidoras e un bo engagement nas redes sociais.
 
As marcas souberon ver o tirón destes perfís cos que poden chegar a un número elevadísimo de persoas que formen o seu público obxectivo se elixen ben a persoa de influencia coa que traballar. Estas figuras sociais teñen a capacidade de ter un bo efecto na imaxe e reputación da marca, por iso o propósito dunha estratexia de márketing de influencers é lograr que estas figuras promocionen con éxito os nosos produtos, xerando unha confianza que á súa vez pode xerar ventas.
 
Os principais beneficios de investir neste tipo de márketing son:
  • Ter un alcance maior dado o número de persoas seguidoras da conta coa que se traballe.
  • Incrementar considerablemente as ventas. Ao chegar a máis xente e, sobre todo ao facer diana nas persoas que forman o noso público obxectivo, a taxa de conversión é maior que noutro tipo de campañas de márketing.
  • Xerar engagement, ou o que é o mesmo, que as persoas que forman o público obxectivo interactúen máis coa nosa marca a través de comentarios, likes...
Aínda que é importante resaltar que non todo é tan sinxelo como parece, xa que elixir correctamente á persoa coa que imos traballar, e sobre todo poñer a reputación da nosa empresa nas súas mans, non é unha tarefa sinxela. É moi importante ter en conta unha serie de factores á hora de decantarnos por unha desas persoas de influencia, ademais do aspecto económico, por suposto. Nesta ligazón poderás descargarte o informe de tendencias e medidas de rendemento do márketing de influencers deste 2022, elaborado por HypeAuditor, que tamén pode axudarte á hora de elixir con que persoas queres traballar segundo as tendencias do sector.
 
A continuación, mostramos unha serie de puntos clave que debemos analizar con detalle para optimizar o noso orzamento cando vaiamos apostar polo márketing de influencers e elixir correctamente o/os perfil/perfís.
  • Investiga as tendencias do mercado, tanto a nivel persoas seguidoras como competencia.
  • Busca cales son as persoas de influencia que máis se axustan coa túa marca. HyperAuditor ten un buscador moi interesante cunha base de datos moi ampla que pode axudarte nesta tarefa.
  • Analiza con detalle os perfís que máis che interesen segundo a súa audiencia, engagement, estilo e calidade de contido, valores que transmite, como interacciona coa súa comunidade…
É fundamental analizar con detalle as métricas dos perfís seleccionados, xa que isto é sen dúbida unha das claves do éxito da nosa campaña. Hai ferramentas como Metricool que nos proporcionan unha análise moi exhaustiva de diferentes variables de cada rede social e dos perfís destas figuras sociais. Se estás a pensar en lanzarte co márketing de contido é unha ferramenta que debes manexar.
 
Aínda que conta con máis persoas seguidoras que retractoras, a figura do influencer nas redes sociais non para de gañar peso e evolucionar da man das tendencias de consumo e creación de contido do momento. As miles, mesmo millóns de persoas usuarias que seguen a estes perfís sociais téñenos en conta como fontes fiables de información e referencia en distintas temáticas, polo que ao redor destas figuras chegouse a crear o fenómeno fan, o que significa que as persoas que consomen o contido dunha persoa de influencia son totalmente receptivas á información que lles chega pola súa banda.
 
 
Laura Carrera García
Asesora TIC 

Fonte:  SmartPeme