Actualidade

« Atrás

Marketing de influencers: Outra maneira de facer marketing

Data:  xoves, 26 de agosto de 2021

 
Antes de nada, dicir que un dos puntos que resulta interesante desta ferramenta de márketing é que non se percibe pola persoa consumidora como unha publicidade tan invasiva como resultan outras estratexias de márketing tradicionais, e grazas a estas e estes  influencers podemos chegar a unha rede de persoas enorme con gustos e intereses moi definidos e relacionado directamente coa marca.
 
Non é novo o concepto de márketing de recomendación, co que a persoa consumidora entre o seu proceso de procura de información para consumir ou non un produto ou servizo, quere saber a opinión doutras persoas, e é aquí onde entra en escena a figura do  influencer.
 
Pero vexamos os datos recolleitos polo Estudo  IAB sobre Redes Sociais, no que un 68% das persoas enquisadas declararon seguir a  influencers en redes sociais. En España, as mulleres (na súa maioría) seguen a máis  influencers que os homes, doutra banda, o 29% das persoas que seguen a  influencers len e comparten o contido que xeran e o 71% unicamente leno. As redes sociais que máis utilizamos os españois para seguir a  influencers son Facebook (45%), Instagram (40%), Youtube (33%) e Twitter (23%).
 
Segundo un estudo realizado pola compañía  RhythmOne, as marcas que decidiron realizar campañas de márketing con  influencers xeraron 11.20$ por cada 1$ investido e, é por isto, que o márketing de influencia ten un ROI 3 veces maior que o márketing tradicional e cun 62% menos de custo.
 
Ademais, a plataforma de  influencers  Influencity di que unha das tendencias será a creación de campañas de márketing con micro  influencers, xa que se dirixen a públicos máis concretos e logran así mellores cocientes de compromiso.Doutra banda, máis do 60% dos profesionais do márketing desenvolveu campañas con  influencers durante o último ano.
 
As principais razóns polas que as marcas fan campañas de márketing con  influencers son:
- Lanzamento de novos produtos (35%)
- Realización de eventos (33%)
- Anuncios corporativos (25%)
- Promoción do contido (7%)
 
Tendo todos estes datos, para finalizar, imos contar (de forma  esquemática) cales son os pasos para seguir na túa estratexia de márketing con  influencers:
1. Obxectivos de campaña. Do mesmo xeito que fariamos con calquera campaña de márketing, temos que determinar cales son os obxectivos da campaña.
2. Identifica ás e os  influencers relacionados coa túa marca. Fíxache na súa relevancia, alcance e resonancia, e se o seu contido encaixa cos teus valores e estilo como marca.
3. Define un orzamento.
 
Termina executando a campaña e medindo a súa efectividade para determinar a súa rendibilidade e se é unha ferramenta que continuarás usando ao longo do tempo.
 
María Aller
Asesora TIC
 

Fonte:  SmartPeme