Actualidade

« Atrás

Os teléfonos intelixentes convertéronse nos reis da conversión da mercadotecnia por correo-e

Data:  mércores, 16 de xullo de 2014

A maior parte dos ingresos das accións de mercadotecnia por correo-e procede dos dispositivos móbiles, concretamente dos teléfonos intelixentes.

Os teléfonos intelixentes son unha ferramenta de vendas cun potencial aínda por explotar. Os datos do último Custora E-Commerce Pulse Report mostran o seu papel decisivo na estratexia de mercadotecnia en liña.

Segundo reflicte o informe de Custora estes teléfonos intelixentes son os responsables de reportar o 26,7 % dos beneficios que xera a mercadotencia por correo-e. Os correos electrónicos que se abren no computador unicamente conseguen rexistrar o 20,9 % das vendas, uns resultados que superan mesmo as tabletas (23,1 %).

Trátase do novo fito rexistrado por estes terminais intelixentes, polos cales aínda as empresas non apostan firmemente. O deseño adaptativo aínda non está totalmente implementado nas estratexias de mercadotecnia por correo-e. Segundo afirmaba ExactTarget, no principio do ano o 42 % dos profesionais da mercadotecnia non o utiliza para os seus envíos, como moito nalgún caso illado.

Atendendo ás conclusións que recolle o estudo, os dispositivos móbiles (teléfonos intelixentes e tabletas) xa representan polo menos a metade do tráfico das tendas en liña. Os teléfonos intelixentes destacan por rexistraren a maior porcentaxe de tráfico directo ós sitios web (32,9 %, vs 22,5 % das tabletas, e 21,3 % do pc).

Con todo, a taxa de conversión destas visitas móbiles non é tan alta como sería desexable. Estes dispositivos só son capaces de xerar o 18,2 % das vendas en liña, o que representa unha porcentaxe de conversión do 1,4 %. Así mesmo, o importe destas vendas é un 13 % máis baixo que a media, mentres que tanto as tabletas coma o computador superan nun 6 % esta cifra.

Este comportamento denota que os usuarios utilizan o seu terminal intelixente para buscar información sobre aquilo que están interesados en comprar pero finalmente deciden completar o proceso por outra vía.

Están os mercotécnicos perdendo oportunidades de negocio nos dispositivos móbiles?

A teor dos resultados, todo apunta a que si. Un dos principais problemas é a deficiente optimización móbil. O estudo presentado en xuño por BrightEdge indicaba que as marcas perden o 68 % do seu tráfico móbil, debido a unha mala optimización.

Pola súa banda, en abril o IAB indicaba que no Reino Unido o 36 % das principais marcas non contan cun sitio optimizado para móbiles. Cabe destacar que este foi o país onde os anunciantes obtiveron a puntuación máis alta en canto ó deseño responsivo das páxinas das empresas analizadas (24 %). En España destacan os sitios web dedicados a bens de consumo, onde o 41 % está optimizado para estes dispositivos.

http://www.puromarketing.com/30/22618/ teléfonos inteligentes-han-convertido-reyes-conversion-mail-marketing.html

Fonte:  http://www.puromarketing.com