Actualidade

« Atrás

Os pagos contactless

Data:  venres, 26 de xuño de 2020

 
Os métodos de pago sen contacto (contactless en inglés) son cada vez máis populares en todo o sector turístico e por múltiples razóns. Adoptan algunhas das tecnoloxías máis avanzadas e brindan á clientela e persoas hóspedes unha experiencia máis fácil. 
 
O contactless é un tipo de transacción que permite ás persoas usuarias evitar o uso de efectivo ou o contacto coas tarxetas de crédito. As tarxetas de débito, as tarxetas de crédito e mesmo algúns teléfonos intelixentes son compatibles con esta técnica. As persoas usuarias simplemente colocarán a súa tarxeta ou dispositivo preto dun terminal de punto de venta próximo. Tampouco se require ningún tipo de PIN para que se procese un pago. Isto é moi importante nestes momentos nos que debemos evitar todo tipo de contacto. Para garantir niveis superiores de seguridade, os pagos sen contacto limítanse a unha certa cantidade nalgunhas ocasións (actualmente 50€ en España). 
 
Como se dixo anteriormente, este método de pago é unha das tendencias máis marcadas no último ano no sector turístico e hostaleiro e viuse acentuado desde a crise do COVID-19. Por isto, os xestores de establecementos turísticos deben considerar implantalas para ir un paso por diante da competencia en innovación, seguridade e experiencia de persoa usuaria. As principais vantaxes de empregar este tipo de tecnoloxía son:
 
1.Unha solución hixiénica. O recente brote de coronavirus tivo un impacto masivo na industria hostaleira. As persoas hóspedes están máis preocupados que nunca pola hixiene e é probable que esta tendencia continúe no futuro. Por tanto, os métodos de pago que evitan o contacto físico converteranse nos máis buscados. 
 
2. Rápido e seguro. Estímase que os pagos sen contacto xeralmente requiren só 15 segundos para completarse. Isto é aproximadamente a metade de tempo que require o pago tradicional cunha tarxeta de débito ou crédito. 
 
3. Niveis superiores de satisfacción da clientela. A experiencia da persoa usuaria final é clave se desexamos ter maiores taxas de reserva e fidelización. Outro punto importante que destacar é que moitas persoas gastarán máis se a transacción simplifícase. Hoxe en día construír unha imaxe de marca positiva é clave para o éxito a longo prazo.
 
Algúns exemplos destas novas formas de pago son:
 
Google Pay: é o provedor máis coñecido e os establecementos físicos que están equipados para utilizar este servizo poden ofrecer á súa clientela un medio seguro para completar unha transacción. A diferenza dunha tarxeta de crédito estándar, envíase un código encriptado á conta correspondente cando se realiza un pago.
 
Apple Pay: quen posúe un dispositivo como un iPhone ou iWatch posiblemente posúan xa a aplicación Apple Wallet, que permite aos consumidores comprar produtos en localizacións físicas. Tamén é posible enviar fondos a outras persoas usuarias do servizo.
 
Samsung Pay: as persoas usuarias poden almacenar a súa información financeira persoal (como os detalles da tarxeta de crédito) directamente dentro da aplicación. Ofrece servizos adicionais, como puntos de recompensa cando se realizan transaccións específicas.
 
Fitbit Pay: é un software popular que permite ás persoas usuarias rexistrar os seus niveis de actividade física, aínda que tamén ofrece unha opción de tocar para pagar.
 
Pasarelas de pago seguro como Stripe, ou apps como Bizum, Paycui, Watson, etc. ábrennos un mundo de posibilidades con opcións adecuadas sexa cal sexa o teu volume de transaccións, tipo de negocio e perfil de persoa usuaria e en Smartpeme podemos asesorarche para que atopes as adecuadas.
 
 
Sonia Torres Domínguez.
Asesora TurisTIC
 

Fonte:  SmartPeme