Actualidade

« Atrás

Live stream shopping, que é e como usalo

Data:  venres, 15 de xullo de 2022

 
Livestream shopping é "ir de compras sen ir de compras", ou o que é o mesmo, comprar cun só clic en vídeos en directo desde calquera lugar.
 
Esta técnica de márketing dixital consiste en que as marcas mostran e venden os seus produtos a través de vídeos en vivo, e, a súa diferenza principal co e-commerce habitual é que a venda con vídeos en directo permite a interacción en tempo real entre as persoas usuarias e a marca.
 
A idea deste tipo de vídeos é que a clientela poida vivir unha experiencia moi similar a comprar nun espazo físico, xa que, durante a emisión, a persoa vendedora mostra os produtos que desexa promocionar ou vender, informa sobre eles detalladamente, os proba e pode responder de forma inmediata ás preguntas ou dúbidas das persoas usuarias.
 
O Livestream shopping nace en China, como un paso máis aló no e-commerce e co obxectivo de buscar unha mellor experiencia da persoa usuaria. En moitas ocasións, as marcas anuncian estes streaming antes da súa emisión e todo o que desexe acudir poderá facelo cun só clic, e, á súa vez, realizar unha compra neles de forma instantánea.
 
Pero, todo isto é desde a visión da persoa usuaria e da clientela, por tanto, cales son os beneficios dos vídeos en directo de e-commerce para as empresas?
 
O primeiro é que contan cunha nova canle de venda, sinxelo, rápido, e que non necesita unha gran infraestrutura.
Segundo, mellorar a experiencia da persoa usuaria e poder ter unha vía extra de comunicación entre a empresa e a persoa consumidora.
Terceiro, poder mostrar os produtos máis novos e mesmo facer testeos e preventas.
En cuarto lugar, ofrecer información detallada dos produtos e resolver dúbidas ao instante, o que facilitará a venda, diminuíndo ademais posibles devolucións do produto.
E, por último, beneficiarse do FOMO ou "medo a perderllo" por parte da persoa usuaria, ofrecendo contido exclusivo ás persoas participantes do directo, promocións só dispoñibles durante o streaming ou produtos de unidades limitadas.
 
É importante que, se queres facer vídeos en directo para vender os teus produtos, teñas en conta que debes planificar o contido antes da emisión, ver que vas ofrecer e como o vas a facer, e, ademais, ter preparadas as respostas ás posibles preguntas que che poidan facer.
 
Outro punto imprescindible é seleccionar a plataforma adecuada para emitir en directo, ben sexa a través de redes sociais como: Instagram, Facebook ou TikTok…, ou a través de plataformas deseñadas especificamente para facer Livestream Shopping.
 
A diferenza de facer un directo en redes sociais, estas plataformas son de pago e ofrecen funcionalidades extra como: permitir que a persoa usuaria realice a compra de forma inmediata desde o propio vídeo, recompilar datos das persoas participantes ou xestionar a cobranza e envío dos produtos. Algunhas das máis populares son: Popshop, Onlive.site ou Buywith.
 
Unha vez seleccionada a plataforma e o contido, anuncia cando e onde emitirás o teu vídeo a través dos teus outros canles de comunicación dixital, para atraer á túa audiencia. Non te esquezas despois de monitorizar e valorar os resultados da túa nova ferramenta de márketing dixital e, en caso de necesitalo… Non dubides en contactar para consultarnos calquera tipo de dúbida!
 
María Aller
Asesora TIC
 

Fonte:  SmartPeme