Actualidade

« Atrás

As tendencias do turismo dixital para o 2020

Data:  venres, 03 de xaneiro de 2020

Desde a aparición da internet e co auxe das novas tecnoloxías, revolucionouse a forma en que planeamos e gozamos das nosas viaxes. Na actualidade, case o 70% da internautas compra en liña e a actividade que máis facturou no noso país no último ano foi a de as axencias de viaxes e operadores turísticos.
 
O uso das TICs no turismo é esencial hoxe en día para poder ofrecer unha boa experiencia ás persoas viaxeiras, e coñecer que tendencias marcarán a diferenza en 2020 é, sen dúbida, unha cuestión para ter en conta. Estas son algunhas das orientacións máis destacadas que impactarán este ano que acabamos de empezar:
 
  • O software áxil para a xestión de empresas turísticas. As últimas tendencias apuntan ao uso de software na nube e sobre todo aplicacións para facilitar tarefas como a xestión de reservas en liña, checking, servizos administrativos, etc.
  • A reputación en liña fixa o novo standard para os establecementos turísticos. As opinións, avaliacións, estrelas e recomendacións son xa os principais elementos que nos inflúen na toma de decisións sobre a nosa viaxe ou simplemente ao elixir o restaurante no que queremos cear.
  • Sistemas e aplicacións de pago en liña. Nunha contorna cada vez máis dixitalizada e co sector turístico como un dos abanderados desta transformación, os sistemas e aplicacións de pago en liña seguirán afianzándose.
  • A personalización. Cada vez máis as persoas viaxeiras están dispostas a que as empresas fagan un seguimento das súas motivacións e hábitos para conseguir experiencias deseñadas a medida. Os e as turistas senten cada vez máis interese por itinerarios personalizados fronte ao paquete turístico convencional. Temos que analizar todos os datos dispoñibles para poder ofrecer a cada un a viaxe ou a experiencia coa que soña. Para iso, o Big Data vai continuar consolidándose e será, á súa vez, clave para fidelizar á nosa clientela.
  • Chatbots. O desenvolvemento, cada vez maior, da intelixencia artificial consolidará a súa presenza como medio de comunicación coa nosa clientela e nas estratexias de márketing das empresas turísticas, permitíndonos aforrar custos e ofrecer un mellor servizo con dispoñibilidade as 24 horas.
A evolución prognostica que estas tendencias seguirán gañando peso e converteranse en imprescindibles para atraer ao turismo dixital.
 
Estás listo para aproveitar as tendencias e triunfar co teu proxecto turístico no 2020? Necesitas axuda coa transformación dixital do teu negocio turístico?
 
Na área TurisTIC de Smartpeme, podemos asesorarche sexa cal for a fase do teu proxecto en canto a dixitalización no sector turístico, motores de reservas, comercialización en liña, márketing dixital, redes sociais, etc. Ademais, mensualmente desenvolvemos un calendario de talleres formativos sobre turismo e novas tecnoloxías para que poidas adquirir as competencias dixitais necesarias para a xestión e promoción da túa empresa.
 
Sonia Torres
Asesora TurisTIC

Fonte:  SmartPeme



« Abril 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30