Actualidade

« Atrás

As ferramentas de ofimática en MásQueNegocio

Data:  mércores, 06 de agosto de 2014

Ferramentas e aplicacións que axudan a xestionar o teu negocio nas tarefas habituais e contribúen a aforrar tempo e diñeiro:

10 ferramentas para a contabilidade do teu negocio

Buscas boas solucións para a contabilidade do teu negocio? Necesitas emitir facturas, facer nóminas e levar as contas da túa empresa de maneira sinxela e eficaz? Aquí presentamos algunhas das mellores ferramentas que podes atopar na web para facilitarche diferentes aspectos da contabilidade. Porque o tempo dos emprendedores e autónomos é limitado, cada vez hai máis aplicacións e recursos na Internet para afrontar diversos aspectos do funcionamento das empresas. Para a contabilidade, aquí ofrecemos algunhas das ferramentas máis útiles que se poden atopar na rede (ver link).

Evernote, unha completa aplicación para a xestión da información do teu negocio

Desde a web de MásQueNegocio recomendan unha aplicación que todos coñeceredes, xa que adoita ser citada habitualmente como imprescindible para os autónomos e para as tarefas de equipo: Evernote, unha completa ferramenta de xestión de notas, que permite escribir e organizar as túas anotacións e compartilas.

Evernote é unha aplicación que usa a nube para organizar as notas e a información para o teu negocio. Nas túas notas podes gardar todo tipo de información: textos, imaxes, notas de voz, webs e vídeos.

O relevante desta aplicación é a forma de organizar a información. Dispón dun bo editor de texto, corrector ortográfico e ten un potente buscador para atopar as notas facilmente. Nos eventos de networking, por exemplo, permite organizar os contactos realizados de forma fácil e eficaz.

Ten a capacidade de sincronizar automaticamente a información entre os distintos dispositivos: o que se engade ou modifica a través do PC está dispoñible a través do móbil e viceversa. Así mesmo, Evernote é unha ferramenta ideal para o traballo en equipo, ó permitir compartir a información que desexes cos teus compañeiros.

Esta aplicación actúa tamén como xestor de tarefas, xa que pode crear diferentes cadernos onde almacenar a información que queiramos en función de que se refira a clientes ou tarefas distintas, e facilita unha mellor organización, ó poder establecer prazos con recordatorios para as tarefas e moito máis. Evernote axúdalles ós autónomos a ser máis produtivos.

Dispón de versión gratuíta e de pago.

Traballa en equipo desde a nube con SeaCloud

En varias ocasións trouxemos ferramentas útiles para traballar en equipo, como Hightrack, Anfix, MySaasPlace ou outras útiles para a contabilidade do teu negocio. Aquí traémosvos outra máis que permite organizarse conxuntamente e axuda a incrementar a produtividade. Seacloud permite xestionar documentos na nube, pero presenta outras características moi útiles para o traballo en equipo como un organizador de tarefas e grupos, foros para debater e un wiki privado.

Aforra nas túas facturas con Q-Tax

Queres aforrar no pago do IVE dos teus pequenos gastos? Q-Tax é unha aplicación móbil que permite a clientes e establecementos transformar os tickets en facturas en só uns segundos para poder deducir o gasto.

Se es autónomo, Q-Tax vén solucionar un dos problemas máis habituais: a dificultade de deducir pequenos gastos para os que non é sinxelo dispoñer de factura. Q-Tax rexistra os datos fiscais do autónomo e do seu provedor ou quen lle presta un servizo e xera así a factura. Esta factura chega ó móbil e envíanse copias ó correo electrónico. A aplicación ten máis características que permiten axilizar e simplificar o proceso de dedución de gastos. O servizo é gratuíto para os establecementos e ten un custo de 0,35 euros por factura para os clientes.

Quipu, facturación sinxela desde a nube para o teu negocio

Se che resulta difícil levar ó día as contas e tes dispersa a facturación, tes que probar Quipu. É un programa de facturación e xestión financeira en liña dirixido ós non expertos que permite de forma sinxela xestionar as tarefas administrativas e, especialmente, as obrigas tributarias.

Quipu está especialmente indicado para autónomos e pemes. O seu sistema de xestión na nube permite o acceso á información desde calquera lugar. Un dos seus puntos fortes é a xestión case automática dos pagos do IVE e do IRPF. Quipu ten moitas características de interese:

  • Acceso fácil a toda a información financeira: cun panel de control que centraliza a información co que se pode acceder desde calquera lugar e dispositivo. Ademais pódense dar permisos para que outros usuarios poidan acceder á túa conta.
  • Creación de facturas e orzamentos: de forma sinxela e con varios modelos pódense crear facturas para enviarlles ós teus clientes. Quipu permite ordenar facturas e converter orzamentos en facturas facilmente.
  • Control de gastos: permite subir desde o móbil os tickets grazas á aplicación Ticket Hunter e controlar os gastos, ordenalos e clasificalos para realizar as liquidacións do IVE e do IRPF automaticamente.
  • Xestión de cobros: clasifica os cobros de maneira sinxela e ten un sistema de notificación para levalos ó día.
  • Xestión de provedores e clientes: Quipu permite dar de alta a todos os contactos necesarios para a xestión do teu negocio.
  • Importar e exportar a información: permite descargar a información que necesitas, ordenala e presentala en gráficos.
  • Cubre os modelos tributarios para autónomos.

Fonte:  http://www.masquenegocio.com